1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Abandoados polos seus representantes políticos continúa a loita dos mariñeiros camariñáns do cerco. Descendentes dunha nómina de patróns lexendaria, os Perrúa, Lin e tantos e tantos, posiblemente sin igual en ningún outro porto, loitarán ata o seu derradeiro folgo por continuar  traballando no que lles ensinaron os seus pais, no que lles gusta, creando riqueza para a súa vila da alma. A eles deben engadirse as máis de dúas mil familias qe en toda Galicia dependen do fío dunha decisión política que decida o reparto final da cuota do xurel e da xarda. Nesta situación calquer iniciativa que axude a meter presión aos desaprensivos que nos gobernan será boa, como a que ven de crear Camarinas.eu ca recollida de firmas a prol dos nosos mariñeiros e que xa vai polas 800 en menos de 24 horas. O método para amosar o apoio ao cerco en loita é sinxelo: si tedes conta de facebook, basta entrar no enlace e asinar, si non a tedes poderedes asinar depois de  dar os vosos datos. Ademáis vimos de crear un Hashtag (esto é, unha etiqueta de twitter, facebook e google plus) para esta iniciativa. Este hashtag é #MarineirosEn Loita. Cómpre lembrar que cada vez que unha persoa asina a petición a Plataforma Change.org envía automáticamente  un correo electrónico a Consellería de Pesca, directo aos fuciños de Rosa Quintana. Esta iniciativa xunta ca da autovía confirman  a implicación absoluta dos redactores de Camarinas.eu ca dura realidade actual de Camariñas, da Costa da Morte e por extensión de Galicia. E ahí seguiremos, cos nosos mariñeiros ata o noso derradeiro alento. Porque sen cerco viable non hai Camariñas posible. Xogámonos literalmente a vida. ¡¡Vamos todos a firmar!!

Enlace directo á petición de firmas por un CUOTA XUSTA DO XUREL E DA XARDA

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.