Importante impulso o que recibío nas últimas horas a iniciativa de Camarinas.eu en apoio á loita dos mariñeiros do cerco. Trátase nada menos que a do ex-Presidente de Cantabria e agora ubicuo tertuliano Miguel Ángel Revilla, quen unha vez recibida a petición de Camarinas.eu para que apoiase a iniciativa en Change.org a prol dun xusto reparto da cuota de xurel e xarda e así chegar ata as ansiadas 5.000 firmas para plantarllas nos fuciños ao Ministro  Arias Cañete, nin corto nin perezoso decidía sumarse á mesma e publicala na súa conta do Facebook. Unha conta que conta con máis de 513.000 "Me gusta" (máis que Angela Merkel ou o propio Mariano Rajoy) e que fixo que en tan só dúas horas (ata o momento en que esto se escribe) acadase máis de mil firmas que fan xa un total de 2.000, 100 comentarios, preto de 4.000 "Me Gusta" e 212 comparticións. El mesmo nos facía chegar unha mensaxe da súa valente decisión: "Lo acabo de publicar en facebook ahora mismo. Gracias por la información". Deste xeito un importante persoeiro nacional, tertuliano habitual dos programas de televisión, actual Secretario Xeral do Partido Regionalista de Cantabria e Presidente da citada comunidade durante oito anos decidía sumarse á iniciativa dunha humilde web dun remoto pobo da Costa da Morte, epicentro do actual drama do reparto das cuotas de xurel e xarda, e darlle un pulo de ámbito nacional que fai chegar esta crucial loita a medio millón de españoles. Certamente non podemos estar máis orgullosos en Camarinas.eu de ver a nosa iniciativa en prol de máis de 2.000 familias galegas (a máis das asturianas e cántabras) chegar a  semellante escaparate. E ahí seguirmenos facendo todo o posible a prol dos nosos mariñeiros do cerco. Porque sen cerco viable non hai Camariñas posible. A loita contra a cuota continúa.

Engadir un comentario