Hai uns anos o Club Náutico de Camariñas nomeaba para Comodoro a unha perigosa persoaxe e ahí mesmo se desataban todas as alarmas internacionais. Tal nomeamento, claramente descabellado para un cargo que en termos da mariña de guerra unha vez foi responsable da invasión de todo un Xapón en 1854, non podía por menos que deixar de levantar serios resquemores vingativos no país do Sol Nacente. Por elo, como contrapartida á provocación anterior esta mesma semana disparábase o espanto entre os servicios secretos camariñáns tras ser avistado por sorpresa na Ensenada da Arnela, aos pes mesmos do Faro Vilán, un exemplar do peixe nipón máis letal: o mortalmente asesino Fugu ou Peixe Globo. ¿Estamos ante unha avanzadilla dun amplio continxente marino desta mortífera especie, no que un único exemplar posúe veneno suficiente para finiquitar ata 30 persoas, con vistas á colonización futura das nosas costas? Seguindo a estela do acontecido no Este e Sur de Ucrania ¿un inacabable exército de exemplares de peixes globo tigre (a variedade máis letal), sen distintivos, farase cargo da tarefa de acometer a anexión inodora, indolora e soterrada de Camariñas ao Xapón? ¿Encargarase esta mortal bestia asesina do envenenamento futuro de toda a nosa fauna marina? ¿De aquí a uns anos todos as marisquerías de Camariñas sustituidas por ristorantes de comida xaponesa? ¿Sake, sushi e fugu como todo horizonte culinario camariñán? Unha operación ademáis que podería estar sendo supervisada in situ polo propio Primeiro Ministro Nipón, de visita estos días por Santiago de Compostela...

Seguramente o 95% dos lectores de Camarinas.eu e non decimos o 100% por darlle unha chance ao improbable, coñecen o fugu por aquel famoso episodio da segunda tempada dos Simpson no que á familia visitaba un restaurante xaponés cos cómicos e destartalados resultados predecibles. Sobre todo aquel momento no que un inconsciente Homer ante a cara de pánico dun inexperto axudante de cociña abandoado polo seu mestre (imbuido naquel momento en menesteres máis placenteiros no parking) soltáballe aquelo de "Venga amigo, ¡¡fuguméeme!!". Porque como é sabido estamos ante un peixe ao que previamente extirpadas as súas partes tóxicas, pode convertirse nunha das maiores exquisiteces do mar, unha auténtica delicatessen ao servicio dos paladares máis exquisitos, feito que provoca que só cociñeiros expresamente titulados polo Estado Xaponés estén autorizados a cociñar este suculento manxar.

No citado episodio tras un exame médido non demasiado acertado, o Doctor Hibbert certificaba que por mor do posible veneno inxerido a Homer só lle quedaban 22 horas de vida, polo que para ir preparando o inevitable entregáballe un folleto co acertado título de "Ahora que vas a morir". Por outra parte, non deixa de ser indicativo que hai xa uns anos e como prolegómeno ao que podería estar por vir, nalgún secreto despacho administrativo decidíose dotar ao moderno Paseo Marítimo camariñán cunha ponte de estilo xaponés que lembraba por momentos aos xardíns imperiais de Kyoto, cos seus peixes de colores, estanques dorados, cerezos en flor e fermosas e evocativas gheishas. É por elo que ante a chegada deste indesexado visitante do Mar do Xapón, posible avanzadilla dunha nebulosa invasión de proporcións apocalípticas, e dacordo cos acontecementos internacionais que sacuden a xeoestratrexia mundial nestos desasosegantes días, ¿estamos a semellanza dos Simpson ante as 22 horas finais de Camariñas? ¿Dunha Camariñas española queremos decir? ¿Serán o sake, o sushi, e a fabricación standarizada de componentes informáticos e tecnolóxicos altamente avanzados o futuro da economía camariñana? Sendo esto así: ¿que será mellor?

Engadir un comentario