Ao longo de todo este tempo as analoxías non puideron ser máis evidentes... e inquedantes. Cando alá polo 14 de xaneiro de 2014 a gabarra Prima embarrancaba frente as costas de Reira, a Ucrania da que traía orixe comenzaba a descarrilar con estrépito dentro do concerto internacional das nacións. En ámbolos dous casos todo se debía a un mesma causa: un serio erro de apreciación das circunstancias circundantes. No caso da gabarra moldava era nunha derrota equivocada polos turbulentos mares da Costa da Morte, no caso de Ucrania unha incorrecta apreciación da realidade do país levaba aos máis exaltados sectores nacionalistas da súa parte occidental, nazis de toda a vida incluidos, a iniciar un proceso de cruenta guerrilla urbana que remataba ao pouco tempo ca defenestración do presidente lexítimo e polo tanto ca consumación dun auténtico golpe de estado. Ante este estado de cousas, puros feitos consumados novamente, a resposta da outra metade do país non podía deixar de ser máis predecible: prorrusa, ortodoxa e nostálxica da época soviética, asentados nun territorio que sempre se considerou parte de Rusia ata que na década dos anos 20 foron delineadas polos xerarcas comunistas arbitrariamente as fronteras interiores das diferentes repúblicas soviéticas, a alternativa da secesión violenta era a única posible. E así foi como nunha siniestra concomitancia histórica, unha destartalada gabarra moldava chegada dende ese mesmo porto de Odessa onde tres meses despois 40 prorrusos ían a morrer calcinados e asfixiados no incendio provocado dun edificio de sindicatos e esa Ucrania da que traía orixe, se atopaban sendo sometidas a un mesmo proceso de desguace. Nun caso operado por operarios dunha empresa de demolición, noutro a mans do seu moito máis poderoso, histórico e envidiable veciño ruso.

Engadir un comentario