1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Antes Camariñas e a Pobra do Caramiñal estaban unidas pola presencia ubicua en ambas terras da caramiña e pouco máis. Despois pasou o tempo e nin esto quedou xa que alá polo Barbanza nin se lembran de como é unha corema album e dana por pouco menos que como definitivamente finiquitada. Pero para rematar con este despropósito histórico, que alonxa a dúas vilas unidas de xeito cabal pola toponimia e a flora ibérica chegou un xaviñán, o empresario hosteleiro Félix García Insua, prantouse na Pobra e inaugurou o local chamado a reinar de xeito inmisericorde sobre as súas noites: "La Torre". Precisamente por ámbalas dúas vilas costeiras, xa que non caramiñeiras, estivo paseando Félix a unha maiga dos vellos tempos, a ex-concursante de Gran Hermano 10 e actual tronista en "Hombres, Mujeres y Viceversa" Liz, que ven dende Madrid exproceso para visitar "La Torre" na noite do sábado e darse un paseo por Camariñas o domingo. Alí a puidemos ver xunto a este empresario xaviñán que nunca deixa de sorprendernos.

Engadir un comentario