- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 31 Xaneiro 2008 31 Xaneiro 2008

Estado no que quedou a rúa Barrosas despois de que o Concello asfaltara o firme
A Rúa Barrosas da Ponte do Porto xa foi arranxada
Camarinas.eu non é unha web que busque defectos e fallos para estar queixándose de todo constantemente, que denuncia as cousas con mala fe buscando a crispación e o desgaste político. Por eso cando denunciou a situación inaceptable na que se atopaba a rúa das Barrosas da Ponte do Porto foi porque os veciños se queixaran reiteradamente ante o director de camarinas.eu. Así que unha vez que o concello asfaltou a rúa Barrosas, publicar esta noticia constitúe unha obriga moral para camarinas.eu. Había un problema, xa está arranxado. Por elo Camarinas.eu publica dúas fotos para indicar a situación actual despois do asfaltado da nosa querida rúa Barrosas, unha rúa, que non olvidemos conduce a ese paraíso natural chamado "O Posiño", tan venerado na vila porteña e que foi un dos lugares elexidos para as fotos da próxima Camariñas Beauty.

Agora os veciños xa poderán saír tranquilos das súas casas

E tamén poderán ir a pasear ata o Posiño, un paraíso que pronto será recordado nesta páxina
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.