1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Despois de todas as cataratas, torrentes, lodazais, ciénagas, estercoleiros, urinarios, letrinas e escombreiras de tinta vertidas, nin unha soa palabra. Agora que a Audiencia Provincial de A Coruña, ratificando palabra por palabra o xuzgado con anterioridade en primeira instancia polo Xulgado de Corcubión, sentencia definitivamente a legalidade impecable e exquisita do Tanatorio Municipal de Camariñas, aqueles que ahí se tiraron todo un ano esixindo de forma exaltada a súa demolición urxente, a súa destrucción inapelable, a súa aniquilación inevitable, non tiveron a decencia de adicarlle nin unha soa palabra, nin unha coma, ao auto que pechaba para sempre a vía penal e ratificaba a legalidade da doación dos terreos, nun dos procedementos xudiciais máis disparatados que se lembren.

Rídiculo si que foi todo este esperpento do proceso polo que se dotaba por fin a Camariñas dun tanatorio e se acababa para sempre cas caravanas de veciños e coste consecuente que levaban a centos de camariñáns cada pouco ata Vimianzo, pero aparte do inxente custo para as arcas públicas que supuxo a interposición desatada de denuncias por parte dos demandantes, todo esto deixa un sabor agridoce polo ensañamento, maldade e mezquindade destes últimos. ¡Si ata quixeron ir pola vía penal contra o Alcalde, señores! ¡A la cárcel con él! E todo por unha suposta franxa de terreo valorada en 1.300 euros... Pichurri chamuscándose na silla eléctrica dun penal texano, cunha cadea perpetua ás costas en medio de ciénagas infestadas de cocodrilos na Illa do Diablo, penando traballos forzados nunha mina de ouro a -50ºC no polo da ferocidade do GULAG de Kolymá... todo elo por 1.300 euros valorados en escrupulosa tasación xudicial, sin que se presentase ata o momento un só título de propiedade, eso sí. Agora que todo parece resolto definitivamente faise difícil non sentir un deixe de noxo, de desprecio infinitio e insuperable, por aqueles (cada un saberá as súas razóns) que puxeron en marcha este disparate demente.

O auto, de forma didáctica e clara, con abundante referencia xurisprudencial e impecable base legal, arrea a ese estrano contubernio xurídico-pseudoxornalístico-veciñal que pretendía derribar o Tanatorio Municipal por terra, mar e aire o derradeiro sopapo xudicial, co seu corolario de novo descarrilamento e renovado ridículo. Aclara a legalidade da doazón condicionada dos terreos que permitío ao concello aforrar polo baixo 100.000,00 euros na compra dos mesmos sempre que se adicaran a tanatorio e aclara que unha mera irregularidade administrativa non pode traer de por si unha condena ao patíbulo, xa que non son estos os tempos de Ghenghis Khan e remata cunha reflexión que non pode ser máis elocuente: "esta finalidad debe considerarse como beneficiosa para el interés colectivo, pues se dirige a la construcción de un tanatorio, que no supone la asunción de unas competencias exhorbitantes por parte de la administración municipal, por lo que no puede ser tachada de arbitraria la actuación denunciada". Puro sentido común, aquel que tanto escasea nalgúns miolos demandantes, e que leva a ratificar o lóxico sobreseimento decretado no seu momento polo Xulgado de Corcubión. ¿Cantas denuncias ridículas como ésta colapsan a diario os xulgados e tribunais de España?

Recae un auto tan diáfano como as augas puras das montañas do Cáucaso, entendible por todo o mundo, sin sesudas e compricadas evacuacións xurídicas que requiran complexos procesos mentais para os que non todos andan aptos, e nestas o noso maxistrado do Río do Prado, a máis insigne mente xurídica que viron os séculos, hipopótamo de recoñecida competencia e público prestixio, non menciona unha palabra, non publica unha soa coma. El que se tirou no seu estercoleiro 365 días do Noso Señor publicando prediccións apocalípticas, ratificando conclusións inapelables e aniquilatorias. Un ano perdido.

Comentarios   

troncal
+3 # RE: A Audiencia Provincial sentencia o Tanatorio de Camariñastroncal 17/06/2014 13:21
Enhorabuena a Pichurri. Al final la decencia y la educación ha ganado a estos salvajes.
Responder | Denunciar ante o administrador