1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pois xa van uns cantos veciños da Vila das Palileiras escangallados por mor do lamentable estado das losas do Paseo Marítimo e Portos de Galicia como si aquí non pasase nada. No parte de incidencias incluso debe sinalarse unha rótura ósea, todo o cal levou hai un tempo ao que o Concello elaborase unha nutrida reportaxe fotográfica que rauda remitío ao ente autonómico. Sen embargo o noso querido amigo J.J. Durán, Presidente de Portos, fíxose o sueco e ahí ás humildes arcas municipais, aquelas que se nutren dos impostos que pagan tódolos camariñáns, tiveron que facerse cargo do arranxo para evitar a masacre cotidiana de caídas, tropezóns, sustos e incidencias variadas que acontecen a cotío no que pasaba por ser o Paseo Marítimo máis espectacular da Costa da Morte. En esto, como en todo, xa chove sobre mollado, vendo o lamentable estado no que o ente autonómico mantén as súas instalacións en Camariñas dende sempre e que situaron hai xa tres anos a dous xubilados da nosa vila ás portas mesmas da morte ao ceder unha barandilla no Espigón Vello. Daquela os amigos do inefable Álvarez-Campana (que non Campaña) e os hipopótamos mediáticos que o secundaban inventaran unha cortina de fume que botaba directamente as culpas de maneira desvergonzada sobre os mariñeiros camariñáns. Asemesmo algo inventarán agora para xustificar unha omisión e unha deixación irresponsable e inxustificable das súas responsabilidades.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.