1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Despois de sete anos de impecable labor como Concelleira de Asuntos Sociais, todo apunta a que en xuño deste ano María del Carmen Linares Chica deixará o seu cargo. A Malagueña, tal e como popularmente é coñecida en Camariñas emprenderá viaxe definitiva xunto ao seu esposo e os seus fillos cara a súa terra natal, onde entre outras cousas farase cargo do coidado dos seus pais anciáns. Por elo, visto o irremediable da decisión tomada, decide poñer en venta a súa casa sita no Lugar da Millarenga, en pleno Barrio de Buría. Trátase dunha amplia casa unifamiliar de dous plantas e fallado, completamente amueblada, dotada dun espacioso patio e de garaxe. Como todo o mundo sabe esta casa foi obxecto de coidados e arranxos constantes que fan que o seu estado actual sexa impecable. Os interesados en formular ofertas poden dirixirse a esta muller que despois de coñecer ao seu esposo camariñán en Suiza, convertíose nunha veciña máis da Vila das Palilleiras, querida e respetada, feito que motivou que dera o salto á políica estreando cargo na Concellería de Servicios Sociais alá por xuño de 2007. Agora, sete anos despois, e ca conciencia do gran traballo realizado, decide voltar cara a súa Málaga natal, onde esperamos que todo lle vaia ben a unha muller que deixa un recordo imborrable. Sorte, Mari Carmen.

Engadir un comentario