1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Como uns cen anos antes de que Franz Kafka puxera de moda o adxectivo "kafkiano" para referirse a un tipo de literatura extraída dun suceso aparentemente anormal, sin explicación plausible, absurdo, algo deso xa anticipara un escritor ruso, bueno en realidade ucraniano, que antes non se miraban moito estas cousas, chamado Nikolai Gógol. Foi nun libro titulado "Relatos de Petersburgo" onde desenrolaba cinco historias cortas que tiñan como nota predominante a temática de carácter fantástico, sobrenatural, incoherente, maiormente satírica, estilo que dou en ser chamado "gogoliano", tal que aquel no que un alto funcionario despertaba un día e de boas a primeiras palpaba a súa cara e notaba que lle faltaba o nariz, atopando no seu sitio unha tersa superficie lisa e ahí comenzaba unha búsqueda frenética do seu apéndice nasal polas rúas de Píter. Do conxunto de relatos mencionado o máis valioso (e o que máis ven ao caso presente) era sen dúbida "El Capote".

Nel un ínfimo e apocado funcionario peterburgués despois de duras e costosas penurias consigue adquirir un capote novo co que facer frente ao frío extremo do inverno ruso, con tan mala sorte que xa na primeira noite róubanlle o capote. Desesperado, e seguindo o consello dun compañeiro de oficina, decide dirixirse a un alto funcionario, "persoa de relevancia". Éste, que acababa de ascender ata altas maxistraturas despois dun longo proceso de preparación caracterizábase por largarlle indefectiblemente calqueira que fora a causa a todo subordinado que comparecera polo seu despacho tres únicas frases: "¿Pero cómo se atreve usted?", "¿sabe con quien está hablando?", "pero, ¿comprende usted a quien tiene delante?". O que acababa por provocar semellante pavor nos desdichados funcionarios que estos se descompoñían literalmente e saían máis mortos que vivos do despacho do seu xefe.

Algo parecido, pero con orixes olfativas neste caso que non verbais, sucedía cos contenedores do concello: ahí pasabas a veces por diante de un e ante tal vaharada putrefacta, ante semellante misil olfativo recalentado en descomposición, pouco menos que acababas desmaiado e tiñas que continuar o teu camiño, desfalecido, agarrándote a duras penas aos muros de calqueira callexón municipal.  Pois ben, temos que decir queridos lectores que eso xa non volverá a pasar. Co motivo declarado da preparación do Concello de Camariñas para a vindeira Mostra do Encaixe un camión limpacontenedores está estos días a repasar co esmero dun orfebre belga todos e cada un dos sufridos contenedores municipais. E o que máis importante, estamos tan só ante a punta do iceberg do acicalamento camariñán: nos vindeiros días Camariñas quedará como unha patena, señores. Esto dos desmaios quedará reducido ao desdichado asunto de Akaki Akákievich que, xeado de espanto, tivo que ser sacado literalmente a rastras por dous uxieres do despacho ao que fora implorar xustiza. Pouco despois morría na cama dunhas fiebres que tiñan a súa orixe no vapuleo arriba mencionado. Nunca no cheiro dun dos nosos sufridos contenedores municipais.

Engadir un comentario