- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Xaneiro 2008 28 Xaneiro 2008

La Vieja Guardia
A historia heroica destes seis titáns xa foi glosada no seu día na que foi a primeira páxina web feita en Camariñas, a xa tristemente volatilizada e desaparecida www.tiodiekt.tk, por un vello intelectual bávaro, poeta de barra de bar e noites de viño tinto, nas célebres "Las tristes memorias del Barón Von Mark": catro artículos gloriosos que a redacción de camarinas.eu está buscando nas catacumbas e nos archivos das bibliotecas milenarias do lugar natal do noso querido Barón: La Vieja Baviera. Concretamente nestas fotos tomada durante os Carnavales do 2002 vemos a estes seis encharcados xóvenes nunha das míticas viaxes que se facían no autobús de Fondo a Ponteceso os sábados á noite (auténticos e olvidados precursores do Noitebús), tras un precalentamento intensivo na tamén xa desaparecido local social da orixinal asociación "As Baleas.
E aínda que poida parecer mentira, de aquel heteroxéneo e variopinto grupo de xóvenes camariñáns co correr dos anos saíron directores de banco, profesores de primaria, secretarios-interventores da Administración Local, fotógrafos profesionais, redactores expertos en cine, monitores deportivos, etc.., o cal demostra que cando pensedes que non podedes caer máis baixo, que xa tocáchedes fondo hai que aguantar e darlle unha oportunidade á esperanza. Porque sempre queda unha posibilidade de redención.
Comentarios
sOOdeS crIMInALeSs!
ja jA!
bIkS
BIKOS
ah, son esther( espasante)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.