1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As turbulentas augas da Ría de Camariñas viron en datas recentes como de novo José Campaña Pasantes, O Xiba, entraba en combate mortal cunha bestia marina. Se hai cinco anos e medio estaba a piques de ser devorado vivo por un escorpión de mar de "mirada letal e picadura asesina", desta volta era un mexilón de proporcións xigantes o que dunha dentellada case engulle enteiro entre as súas conchas mortíferas a este bravo e intrépido lobo de mar. Convertido hai tempo en persoaxe literario pola pluma de Juan Camariñán, novo Capitán Ahab na súa perpetua búsqueda da Balea Branca, este novo duelo do Xiba cun leviatán dos fondos abisales saldouse ca fiera agónicamente mallada entre os seus aparellos xusticieros. Con todo e ser esto así, promete para o futuro o noso querido amigo novos enfrontamentos armados con bestias marinas, xa que como ben di "quen sabe todo o que hai ahí no fondo". Nada arredrará ao Xiba de limpar a nosa ría de criaturas demoníacas. Se neste último enfrontamento armado foi un tenebroso especimen de mexilón xigante, descoñecido por estes lares ata o momento en que era captado polas cámaras de Camarinas.eu, para o futuro poderá ser o calamar xigante de 20.000 leguas de viaxe submarina, o tiburón branco que papaba media praia na película de Spielberg ou a orca asesina da lamentable secuela plaxiadora que seguío ao éxito comercial antedito, ou tal vez e máis terrorífico incluso, un cachalote dos que deu en adicarse á política en Camariñas nestas épocas crepusculares. Solitario, valente, inmune ao medo e á dor, sempre raudo a enfrontarse co descoñecido, seguirá patrullando as turbulentas augas da Ría na súa lanchiña "Virxe da Barca" o noso querido amigo José Campaña Pasantes, O Xiba.

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: O Xiba entra en combate cun Mexilón XiganteBeldoña 12/02/2014 11:22
Miralle as tripas, Xiba; que Paco de Roque e mais eu, sendo rapaces, prendemos a pulperira nunha olja descomunal no Jolfendro de Fora, e levaba aljo parecido a eso que ti colleches. Dentro das tripas daquel fenómeno, había unha perla.…( que, por certo, non sei se a ten Paco ou non, pero eu no na teño… )
Non vaia ser que ese mexillón, teña outra perla mais jrande que a nosa.
Responder | Denunciar ante o administrador