1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Ao recente desprecio cometido en Fitur polo Presidente da Xunta de Galicia contra Camariñas e por extensión toda a Costa da Morte, hai que engadir unha nova ultraxe. De maior calado e importancia ésta, xa que aquela só era anecdótica e indiciaria dunhas actitudes e uns comportamentos por quen a perpetraba, neste caso o que pensábamos era o Presidente de todos os galegos. O novo ataque que pon en perigo o futuro económico de Camariñas, que torpedea sen miramentos a línea de flotación da economía do noso concello, ven representada pola nova proposta da Unión Europea de reparto das cuotas de xurel e xarda, que discrimina de forma evidente e escandalosa as flotas do cerco de Galicia, Asturias e Cantabria en favor das do País Vasco e que conta sorpredentemente co visto bo da Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Tal e a situación que un sector en pe de guerra manifestábase en número de 1.500 mariñeiros este pasado venres 7 de febreiro en San Caetano diante da Consellería que debería ter como obxectivo principal e único velar polos intereses daqueles que lle pagan os seus soldos.

A preocupación no sector é máxima, as alertas están actividas en toda a súa magnitude, tal e como podía comprobar este mesmo venres Camarinas.eu en conversa con varios patróns da nosa vila que se dirixiron ao Director do medio de comunicación líder da Costa da Morte en búsqueda de apoios contra unha medida que, de aprobarse, levaría no medio plazo á ruina ao sector do cerco camariñán. Unha das primeiras mostras de apoio ven da man do Grupo Socialista Municipal que en breve solicitará a celebración dun pleno extraordinario para aprobar unha moción a favor da nosa flota, medida que segundo nos aseguraba a Deputada Autonómica Marisol Soneira, se vai a levar a todos os concellos costeiros de Galicia, sendo polo tanto o noso o primeiro no que se aprobe tal medida. A moción socialista non se limita ao rexeitamento das cuotas de xarda e xurel reservadas aos nosos mariñeiros, senón que tamén se fai eco de demandas históricos do sector como a reintroducción do seguro do mal tempo, en tanto que medida que garanta uns ingresos mínimos dignos durante os períodos prolongados de inactividade por  climatoloxía adversa; a flexibilización da normativa que establece o descanso semanal obrigatorio para os días sábado e domingo, cando as condicións climáticas e as mareas fagan imposible a actividade ao longo do resto da semana; e que mentras as dúas medidas anteriores non se fagan efectivas se habiliten programas e medidas que palíen a grave situación económica que viven moitas das familias que viven do mar como consecuencia da sucesión continuada de temporais que nos azota.

Saiba o sector do cerco de Camariñas, e por extensión o pesqueiro e marisqueiro en xeral, que contará co apoio, alento e axuda de Camarinas.eu en todas as súas xustas reclamacións, vitais de necesidade para unha economía municipal que de verse aprobada tan disparatada, discriminatoria e desigual medida, que sanciona a existencia duns mariñeiros de primeira (os de sempre) e outros de segunda (tamén os de sempre, ou sexa nós). A batalla prométese dura e longa, pero dado que aquí todos (os que andamos embarcados neste buque chamado Concello de Camariñas) nos xogamos a vida nela, non discutiremos nesta redacción nin só folgo, un esforzo, no apoio da nosa flota. No Pasarán.

Comentarios   

Moncho de Dios
+3 # RE: Camarinas.eu apoia a loita dos nosos mariñeirosMoncho de Dios 11/02/2014 16:04
saben de sobra que cuentan con nuestro apoyo y sobre todo si es algo que no llego a comprender,como es lo de los cupos ,ahi alguien negocio mal,que renegocie,
Denunciar ante o administrador
Diego Calderon
+3 # RE: Nova ultraxe ao sector pesqueiro camariñánDiego Calderon 11/02/2014 19:05
Mi apoyo total a nuestros marineros ,nos tienen a su disposicion ,lo de los cupos tenemos que arreglarlo de alguna forma ,lo que no se puede consentir es esta forma tan ridicula de discriminacion
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.