- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Decembro 2013 02 Decembro 2013
O que constituía o novo ridículo, a enésima batalla perdida, da dereita/ultradereita de Camariñas coñecíase na tarde deste xa histórico luns 2 de decembro de 2013: o Tanatorio Municipal non só non será derrubado senón que o Concello únicamente verase obrigado a abonar á parte denunciante uns patéticos e ridículos 1.633,36 euros. Todo o esperpento que levou a verter ríos, océanos, de tinta a un coñecido e público hipopótamo finalmente sustanciase por unha cantidade que non chega nin ás 300.000 antigas pesetas. Por este ínfimo importe, retrasouse durante meses a entrada en funcionamento dun servizo vital de necesidade para as xentes do concello, obrigouse a uns cantos veciños a ter que levar aos seus difuntos lonxe da súa terra por mor dun interese egoísta e infundado e causouse un serio quebranto económico aos intereses públicos representados neste caso pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas. A nova polémica política artificial promovida e apoiada polos sectores máis fanáticos e extremistas do PP camariñán, aquela que dou para seguir tirando a uns cantos supervivientes durante uns escasos pero vociferantes seis meses, remataba do xeito máis patético e lamentable e os deixaba sen o seu único discurso cara as Municipais de 2015. Este luns remataba unha viaxe para a que, certamente, non facían falta tantas alforxas.
O fallo xudicial, apoiado en abundante xurisprudencia e lexislación procesal, sumamente respetuoso cos principios xerais do Dereito, e impecable, segundo as fontes xurídicas consultadas por esta redacción, dende un punto de vista técnico, era emitido o pasado venres 29 de novembro de 2013 polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº3 da Coruña. O mesmo acaba concluindo "acoger la pretensión que formula el letrado provincial que defiende los intereses del Ayuntamiento de Camariñas de DECLARAR LA INEJECUTABILIDAD DE LA SENTENCIA FIRME DE 21.03.2013 POR IMPOSIBILIDAD MATERIAL DE LLEVARLA A PURO Y DEBIDO EFECTO, CONDICIONADA AL ABONO ... DE 1.633,36 €". A esta devastadora conclusión chegaba o Xuiz despois de expoñer previamente nunhas sinxelas catro páxinas (non lle fixo falta máis para desarbolar as pretensións do sindicato da piqueta) os fundamentos dun auto demoledor que deixa a algúns en serios problemas para explicar e xustificar todas as mentiras, enganos, manipulacións e torrentes de odio verquidos durante os derradeiros seis meses. De todo os kilómetros de tinta, os centos de noticias, día sí día tamén, de todas as prediccións apocalípticas, da esixencia de demolición ipso-facto do Tanatorio Municipal, de todo aquelo, finalmente resultou non quedar nada. Xornalismo de ocasión, cun marxe de superviviencia do día a día, que pasado un tempo acaba enterrado polo peso da realidade e da xusticia.
A elo chegaba ao Xuiz tras constatar que uns míseros terreos valorados en 1600 euros conlevarían un quebranto ás arcas públicas de preto de 100.000 euros se se derribaba o construido sobre eles, podendo chegar incluso ata o valor total da obra (401.000 €) xa que nese caso non se garantía a adecuada estabilización da obra construida restante e posiblemente houbera que demoler todo. Por elo entende que procede inexecutar a sentencia existente e substituila polo valor pecuniario dos terreos tasados pola parte actora nos citados 1.633,36 €. Na penitencia levouse o castigo, porque precisamente foi o tasar o valor do xuizo na escasa cantidade citada o que fixo inapelable o fallo orixinal en virtude da nova lexislación procesal aprobada polo inefable Ruiz Gallardón. Pero con todo, o fallo contén outras interesantes apreciacións que dende os servicios xurídicos de Camarinas.eu non podemos deixar pasar por alto. Neste sentido é especialmente indicativo que neste xuizo non se aportou nin un só documento, nin un triste papel, que acredite a titularidade dos citados terreos pola aparte actora, cuestión ésta que "no aparece grafiada en ninguna cartografía o planimetría". Este asunto podería ter importantes consecuencias de índole civil/penal para a actora xa que o Concello promoveu demanda civil declarativa de dominio, na que previo acto de conciliación no que aportar os respectivos títulos de propiedade, no caso de ser éstes inexistentes segundo fontes xurídicas consultadas elo podería facultar ao Concello para presentar unha posible demanda por estafa procesal. Polo tanto as consecuencias nefastas para a parte que promovío un disparate que se agotou por si mesmo en seis meses poderían non rematar co auto que descalabraba a tantos en Camariñas no día de hoxe.
Tamén pon de manifesto este impecable e didáctico pronunciamento xudicial que non se debío chegar a esta situación extrema: que vistos os precedentes, susceptibles de producir unha victoria por goleada para o Concello xa na primeira instancia, tal vez se adolecío dun certo exceso de confianza ou de non toda a dilixencia debida na defensa dos intereses públicos neste primeiro momento procesal. Así, non se debío transixir co tasamento do xuicio nuns misérrimos 1.633,36 euros, o que facía inapelable a sentencia que puidera caer, sobre todo cando o valor do que estaba en xogo excedía con creces da citada cantidade, ata o medio millón de euros, costes de demolición a cargo do concello incluidos. Tamén debío presentarse na citada instancia os documentos que evidentemente formaban parte do expediente da obra tais que a acta de replantexemento do proxecto previo e a posterior de comprobación do replantexemento do terreo (aínda que certamente, non vemos por ningún lado o valor probatorio destes dous sinxelos trámites administrativos), pero sobre todo o que non se entende é que no xuicio non se obrigase a parte actora a aportar uns títulos de propiedade que polo de agora non apareceron por ningún lado. Deste xeito, vostede mesmo ou un finlandés que pasase por alí poderían reclamar co mesmo dereito a propiedade da franxa en cuestión. Agora, unha vez restituida a máis pura xusticia e o máis elemental sentido común, causa vértigo comprobar o que este xuicio xaleado de forma entusiasta e especialmente fanática dende as bancadas da ultradereita de Camariñas puido causar ao Concello: perda directa de 300.000 euros de subvencion da Deputación, perda de 100.000 euros de fondos propios municipais, como mínimo uns 80.000 euros de costes de demolición a cargo do concello... e os veciños de Camariñas que voltaban ficar sen Tanatorio Municipal. Derradeiro exemplo éste das forzas destructivas que vagan polo noso Concello e ás que unha vez máis as boas xentes fomos quen de derrotar.
Tal que aconteceu ca okupación ilegal do Club Náutico de Camariñas, este fallo ven a ratificar ademáis a posición asumida dende o primeiro día por Camarinas.eu, no lado da legalidade e do Dereito, e no do respeto escrupuloso aos fallos xudiciais: nin unha soa coma se redactou nesta web contra os fallos precedentes, no convencemento cego como corresponde a un Estado de Dereito e unha sociedade democrática de que as sentencias xudiciais están para acatalas e cumprilas. Esta última ven a ratificar punto por punto a posición asumida por Camarinas.eu, aquela que se correspondía ca legalidade e co mero sentido común, pero aínda no caso de que fora contraria aos intereses dos veciños, aquí ninguén vería unha soa exclamación que puxese en dúbida o impecable dictaminar do Poder Xudicial, único poder nun Estado de Dereito ao que corresponde xuzgar e facer executar o xuzgado. O desacato contra sentencias de tribunais, as chamadas abertas e públicas á rebelión e ao incumprimento das mesmas, as que tratan de deslexitimar e atacar ao Poder Xudicial cando os fallos non son do seu agrado, constitúe unha conducta que ademáis de perigosa e antidemocrática, retrata a quen a enarbola: os ultradereitistas de toda a vida que tanto chaman dictador a quen lles gañou limpamente dous procesos electorais como atacan a unha sentencia e a un xulgado e sembran dúbidas sobre a honorabilidade do mesmo. Tal vez a Fiscalía debería adoptar as medidas pertinentes contra estas conductas extremistas, inaceptables nunha democracia, dunha vocación claramente golpista.
Este luns 2 de decembro de 2013 as boas xentes de Camariñas outra vez debemos estar satisfeitos e aliviados, La Liga de Las Sombras voltou ser derrotada. Os hooligans mediáticos da destrucción perpetraron o seu enésimo rídiculo. Por desgracia non será o último.
Comentarios
En la sentencia se resuelve el asunto principal objeto del litigio (en este caso quedó demostrado que el terreno es de Dª Guadalupe Alvite, según sentencia definitiva).
Mientras que en el auto se resuelven diversas cuestiones relacionadas con el asunto principal del litigio que surgen a lo largo del proceso judicial. (si procede derribar la parte del edificio construido en el terreno de Dª Guadalupe o no)
Por tanto mientras que los efectos jurídicos de la sentencia son definitivos los efectos jurídicos de un auto son provisionales.
Por lo que al parecer este auto va a ser recurrido.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.