- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Decembro 2013 05 Decembro 2013
Executando un bo traballo, asumindo a súa responsabilidade, como corresponde a homes de ben, os operarios municipais de Vías e Obras procedían esta mesma semana a repintar todos e cada un dos pasos de cebra do Concello. Obviamente, a diferencia dalgún mentecato cada día máis enaxenado na súa perpetua fuxida cara adiante, co seu traballo serio e profesionalizado non estafarán ao seu público durante oito meses a conta de algo que finalmente acabou por non existir. En vez de asumir a súa incompetencia, a súa estupidez raiana no retraso mental máis severo, e confesar ante os seus mui escasos lectores a responsabilidade polo que foi un timo pseudoxornalístico desvergonzado e lamentable durante oito meses, a cuase única noticia ca que abrío o seu estercoleiro durante 240 días do noso Señor, prefire verter toda unha nauseabunda catarata de inxurias e calumnias sobre o Xulgado e o titular do mesmo que durante todo este tempo este mesmo merluzo retrasado vendío aos seus lectores como o máis honesto e íntegro, o máis xusto e capacitado, de toda a Cristiandade. Que faga esto cando dacordo cos artigos 206, 209 e 215 do Código Penal estemos ante un delito castigado con penas de ata dous anos de prisión, non sorprende a ninguén porque o cachalote en cuestión nunca foi precisamente Einstein e por momentos tan só xa lle falta babear, sen embargo o que sí o fai é que profesionais do Dereito que colaboraron con este memo fanatizado durante todo este tempo, se presten a un xogo que nestes días 2 e 3 de decembro rebasou a raia e se adentrou de xeito irremisible no intrincado e perigoso mundo do tipo penal.
Alleos a todo este ruido e esta furia, os patrulleros das vías municipais repintaban e revisaban as alfombras polas que transitará sobre seguro case a práctica totalidade do Padrón do Concello. Farano en colaboración ca Policía Municipal a cal sinalizará de xeito exacto aqueles pasos de peatóns que se atopen especialmente gastados. Ao mellor, quen sabe, haberá que sinalizar un paso non lonxe dese Tanatorio que nunca ía existir, aquel que era ilegal polos catro costados, que había que derruir como fose de inmediato. Aquí tal vez debamos analizar as motivacións que movían ás partes en litixio. Costa crer que os partidarios da demolición ipso-facto xalearan de forma tan especialmente fanática e reiterativa un asunto no que, prescindindo da súa derivada política, gañaba unha única persoa (a parte actora no procedemento) e perdía a práctica totalidade dos veciños, que deste xeito terían que seguir véndose obrigados a velar aos seus difuntos lonxe da súa casa. Outra derivada do asunto, agora que resultou quedar finiquitado é ¿que pasaría se o Concello optase por facer caso ás prediccións apocalípticas do inquisidor subnormalizado de Camariñas, aquel que esixía a demolición inmediata ¡xa en marzo! do Tanatorio e agora se atopase cun auto que resolve de xeito case definitivo o contencioso? ¿Pedirá perdón o noso insigne xurista de peito palomo por urxir de xeito inmisericorde ao concello a adoptar a unha medida, a única posible na súa superior e docta opinión xurídica, que levaría ás arcas municipais (que son as de todos os veciños) a unha quiebra radical tirando polo retrete 500.000 euros? ¿Agora que quedou sen discurso que inventará este superviviente aprejeseirado? ¿Pero como foi que en Camariñas ao tonto do pueblo se lle dou unha página web?
Porque si por un momento analizamos o que pasou aquí estos días, resulta que temos a un tío que a duras penas sabe ler e escribir e vai e se poñe a denostar e inxuriar a labor de todo un xuiz. E aínda por encima en colaboración cun profesional do Dereito que, quen sabe, o día de mañán pode ter que verse as caras con ese mesmo xuiz inxuriado, impunemente calumniado na súa honorabilidade e cuios fallos se permite cuestionar e denostar, no desacato máis grosero que un recorde, un pobre memo iletrado. Alguén que por outra parte, e esta é outra interesante derivada de todo este esperpento, un máis desta serie de disparates aos que nos teñen acostumados os diferentes membros do PP de Camariñas, segue a ser a día de hoxe (visto o escaso, máis ben nulo, seguemento ao seu xa fenecido proxecto do Partido dos Cachalotes Unidos, ah que pena, ¡¡ían ser días gloriosos para Camarinas.eu!!) membro do Comité Local do Partido Popular. ¿Apoia a Dirección Provincial do PP que un dos seus cargos en Camariñas, un afiliado en definitiva, se permita inxuriar e calumniar ao Poder Xudicial, non acatando fallos xudiciais? ¿Vai ser de agora en diante o modus operandi do partido no Goberno da Nación no caso de que veñan mal dadas en célebres casos de corrupción como os de Bárcenas ou Gurtel? ¿Imos asistir por parte do PP a un linchamento mediático de xuices? ¿A un exercicio do máis puro e duro golpismo?
Unha vez executada a súa labor, os operarios da Patrulla Municipal de Obras (PMO) deixarán uns pasos de cebra aptos para pervivir durante anos ou incluso, de darse novamente a incuria habitual destes casos, décadas, despois das cales un difuso pespunte branco seguirá a ser visible entre o triturado asfalto da carretera. Nada máis lonxe que ver cas exaltadas evacuacións pseudoxornalísticas do noso cachalote xurídico (de Daniel Rego, onde era o máis grande político do noso tempo pasou a ser un incompetente, un corrupto do cal prefería calar as súas ilegalidades, un estafador, etc...; dos concelleiros, da lista mellor confeccionada en toda a historia do municipalismo democrático, pasados seis meses convertíranse nun hataxo de incapaces filosocialistas, traidores á sagrada causa popular; o PP, de único soporte político válido para España, pasou a ser unha mafia antidemocrática, corrupta apta únicamente para mirar polos seus propios intereses, ese bipartidismo que pudría España de raíz; o Partido dos Cachalotes Unidos, de ser única opción válida para vislumbrar un radiante porvenir para Camariñas, pasou a ser "unha precipitación"; o Tanatorio Municipal de ser derruido en breves, pasou a refulxir máis firme ca nunca, sólido como as Pirámides de Exipto; o Xuiz do "Mortuory Gate" pasou de ser o máis xusto e equánime maxistrado dende as épocas do Rei Salomón a convertirse de súpeto nun picapleitos corrompido e comprado polas dávidas do multimillonario Alcalde Pichurri ... e así unha lista agotadora de estupideces continuadas ata o infinito), das cales pasado unha lixeira brisa de tempo, maiormente breve, non quedará absolutamente nada. Todo este exercicio continuado de desinformación en aras do egoísmo exacerbado dun lamentable prejeseiro quedará tan só como un conxunto de furiosos alaridos de fiera rabiosa e acorralada no vacío.
Comentarios
Es cierto en todo su comentario me veo representado,no tendria nada para añadir,los concejales no se hablan con Olveira este tiene el amparo de tres señoras de aqui y dos que residen en otras ciudades no entiendo como ninguna de estas dos señoras no leen en un diario de aqui lo puesto por el Sr Olveira
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.