1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na mañán deste frío e desagradable luns 18 de novembro de 2013 entraba en serio funcionamento un dos motores económicos do Concello: un disperso continxente de mariscadores afánabase entre as fértiles areas da Vila de Camariñas. Trataban de revertir a sorte do que non deixaba de ser un mal ano, un exercicio que vía alá pola primavera como unhas chuvias masivas provocaban unha mortantade inxente de ameixa e berberecho no litoral xaviñán. Unha escaseza de marisco a sumar á falta de capturas que caracterizou o ano da flota do cerco. Agora, a cofradía opta por deixar descansar os seus dous bancos habituais, Ariño e Vasa, cunha explotación refrenada ao mínimo indispensable e experimenta colleita no criadeiro de Area da Vila. Alí diseminados puntos negros no horizonte dun xélido albor tentaban aportar o seu grao de area na heroica labor de levantar unha fráxil economía de tempos de guerra. A que ven constituida pola peor das pragas á que pode verse sometida un concello como Camariñas: o dun ano escaso tanto en capturas como en marisqueo. Tratando de revertir esa aciaga sorte un continxente de mariscadoras se afanaba unha xélida e desapacible mañán de finais do tétrico Ano do Noso Señor de 2013.

Engadir un comentario