- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Novembro 2013 14 Novembro 2013
Case ás mesmas horas nas que máis abandoado e illado que o Coronel Custer en Little Big Horn, un cansino e archirepetitivo hipopótamo inflado daba marcha atrás nos seus proxectos electorales, a Patrulla Municipal de Obras (PMO) acometía o enésimo dos seus inacabables afáns. Foi despois de moitas bravatas, entrevistas en programas de medio pelo, algunha que outra cea de nostálxicos ultradereitistas, baixo un clima de chantaxe permanente, cando acontecío aquelo que predixera Camarinas.eu: todo quedaba reducido a un farol dirixido aos incautos xerifaltes da Dirección Provincial e podíamos constatar unha vez máis como de todo aquelo que prometera e defendera, absolutamente todo, pasado un pequeno tempo acabou decindo xusto o contrario. Agora ben, dado o retraso mental severo, a desvergonza inaudita e a aversión patolóxica ao traballo do animaliño en cuestión, que aquí ninguén se estrane se pasados un días renegue das declaracións polas que daba por finiquitadas as breves desventuras dos Cachalotes Unidos (Partido do Unión e Forza no CU) e arremeta con bríos desbocados ocupando o espacio delectoral da Extrema Dereita camariñana e os seus horripilantes e monstruosos 25 votos.
Unha vez máis alleos ás peripecias dun cachalote en perigo político, os operarios municipais desta volta desenvolvían as súas tarefas no que posiblemente sexa o xardín máis antigo de Camariñas: aquel que da sombra ao que tamén cunha certa posibilidade sexa o primeiro dos portos da Costa da Morte, o coqueto e recentemente niponizado Poso do Muelle. Alí segaron herba, arranxaron parterres e podaron árbores axudados nas súas acometidas por un monstruo de metal saído das máis esixentes factorías da industria pesada surcoreana: un impoñente tractor Kioti que recargaba o ambiente asiático da mañán de autos. De alí partirían a novos destinos, en concreto á poda das árbores da Carretera do Faro. E tal vez alí deberan escoitar os oubidos desesperados dun hipopótamo certamente retrasado, aquel que recoñecera en público "que se precipitara" creando o partido dos Cachalotes Unidos. Toda unha fauna política ináudita, aquela que descalabrou o PP como en ningún outro sitio da xeografía nacional. Cando normalmente se lle esixe a un político templanza, calma, sentido da estratexia e cálculo nas súas accións, que non meta demasiado a pata, se por este cachalote fora nunha das súas clásicas arroutadas igual nos metía de improviso nun conflicto armado cos comunistas de Corea do Norte ou cos Ayatollahs do Irán islamista, vaian vostedes a saber. Por sorte a súa carreira política non pasará desas mesmas árbores da Carretera do Faro que no día do noso señor que nos ilumina a insustituible e esforzada PMo se dispoñía a podar.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.