4.6944444444444 1 1 1 1 1 Rating 4.69 (36 Votes)

Estos 11 valentes xogábanse o físico por eses campos da Costa da Morte

O archivo invaluable de fotos históricas de camarinas.eu acaba de recibir un importante suplemento que o fai multiplicarse ata o infinito, trala volta do arquivo fotográfico de Foto Alonso (con centos de miles de fotos en negativo de 40 anos de traballo) ao seu vello fogar da Rúa Tras Praza, é decir, á redacción de camarinas.eu, polo que temos fotos históricas como mínimo ata o ano 3.527 da era cristiana.

Así esta foto pertence aos anos oitenta e nela aparece o equipo xuvenil do Camariñas patroneado por un moi políticamente incorrecto Don Javier, director do Colexio O Areal, cun pitillo na man nunha fotografía (un pecado hoxe en día), e os rapaces aparecen vestidos con camisetas de tela que facían que os buchiños apareceran marcados e con pantalóns de licra axustadiños ao máximo facendo que toda a potencia quedara patente. Axuda a esta redacción a identificar aos once valentes, moitos deles usuarios activos de camarinas.eu, a precisar o ano da foto e se pode ser incluso contra quen se xogaba este partido. Falade agora ou calade para sempre...

Comentarios   

Pion
0 # Pion 22/01/2008 23:14
mira abaixo empesando pola esquerda esat luis de ricardo,jose de marta ,javi do catalan ou eso me parese pero o resto non sei
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 22/01/2008 23:54
Claro que si empesamos por yeye,miguel benardino,oscar o machetero,angel do sendon,claudio e meu primo castro e don javier e abaixo,richard, eu mismo o goleador jajajaja,javi do catalan,o difunto de gelito do jatano e berto.Que equipaso dios mio e o ano penso que e entre o 1982/83.
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
0 # karina 23/01/2008 11:04
moi boa foto diego,esta meu irman mikel o sejundo pola esquerda,vai levar unha sorpresa cando a vexa jajjaaja
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 23/01/2008 13:25
ostraaaaaaaaaa vaia foto,,está Don Javier,un dos mellores maestros de exb daqueles tempos por non decir o mellor,,,Jose,e sta foto non tiña eu constancia dela eh,,,,Bonita foto para os meus recordos,,mima Diegonet,non sei de onde quitas esas fotos
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 23/01/2008 13:35
ah,,o ano eu diria o 1984
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # reira 23/01/2008 16:06
e os outros 2 son brazos amas alberto de consejos xa chuvio era eu un neno carallo
Responder | Denunciar ante o administrador