4.4838709677419 1 1 1 1 1 Rating 4.48 (31 Votes)

Imaxe capturada na tarde do luns 21 de xaneiro que amosa 527 persoas conectadas

Outro récord máis: 527 persoas en liña

Á primeira hora da sobremesa do luns 21 de xaneiro tivo lugar outro record máis: o de visitantes activos en liña con 525 invitadose 2 usuarios conectados, premiándose desta forma a nova doctrina de camarinas.eu: a de publicar o menos posible de política (porque cada vez que publicamos unha noticia xa vedes os comentarios que se producen). Para ler a primicia de camarinas.eu sobre as novas prestacións para os usuarios rexistrados e ver o vídeo do record pulsa na foto.

Unha imaxe xa habitual para os internautas de camarinas.eu

Por iso mesmo para que as persoas que entran en camarinas.eu se sintan o máis cómodas posibles, e se fagan usuarios rexistrados, tendo acceso por elo a un gran número de prestacións ás que non poderán ter acceso de outra maneira, creamos outro módulo: o "Menú do Usuario" que está na parte esquerda da pantalla e que se ben ata o de agora estaba latente, agora xa recibío a alta e está operativa. A traves do "Menú de Usuario" calqueira rexistrado en camarinas.eu poderá redactar el mesmo calqueira noticia, galerías de fotos e un sinfín de posibilidades que iremos acoplando co paso das semanas, por exemplo "Miñas fotos", só visible para os usuarios rexistrados.

Aquelas noticias publicadas na nova categoría creada "Noticias dos usuarios" que reúnan uns requisitos mínimos de calidade, de visitas e de votos serán publicadas na páxina principal da web máis visitada da Costa da Morte. Así pois dende a redacción animamos a todos a que participedes para compartir as vosas fotos e noticias cos demáis usuarios e ainda que en principio non sexades capaces, persistide que ao final xa veredes como acabades dominando a nova categoría tal e como fixestedes coa página enteira. En datas próximas publicaremos videos explicativos de como utilizar o menú de usuario e o xestor de contidos para que todos poidades ser escoitados e compartir as vosas vivencias e inquietudes cos demáis. En fin, fagamos do Concello de Camariñas o Rey do Ciberespacio.

Vídeo do récord capturado da pantalla dun ordenador

Engadir un comentario