A longa época de oscuridade e olvido na que xacía sumido o Castelo do Soberano dende que hai máis de 70 anos fora demolido para cas súas pedras construir o Espigón vello podería haber chegado ao seu término. Esta mesma semana tres exemplares da maqueta e anteproxecto para un uso hosteleiro do mesmo eran presentados polo seu actual propietario, o empresario camariñán Juan González Soto, nos rexistros de entrada da Consellería de Medio Ambiente, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e no Concello de Camariñas. Precedían a estos feitos unhas longas conversas e negociacións de Soto cas diferentes administracións en xogo que determinaron o xeito no que finalmente foron confeccionadas as maquetas e anteproxectos e que máis que previsiblemente obterán un resultado satisfactorio para o gran monumento olvidado de Camariñas en forma dos permisos e licencias necesarios para a execución dun proxecto que situará a Camariñas á vangarda do turismo de calidade na Costa da Morte. Unha nova era parace abrirse, agora sí, para o Castelo do Soberano.

Todo comenzaba hai uns anos cando Soto mercaba o Castelo e seus os terreos colindantes e rapidamente empezaba a maquinar un futuro adecuado para os mesmos. Axiña chegou a unha conclusión que por obvia non deixa de ser especialmente indicativa: a da ausencia sangrante en toda a Costa da Morte de instalacións axeitadas para recibir un turismo de calidade, aptas para viaxeiros de clase media/ media-alta, solventes económicamente, non vinculados a un turismo estacional e que demandan unhas instalacións e uns servizos de calidade. Foi entón cando comenzou a barallar seriamente a construcción dun hotel de tres ou catro estrelas no entorno privilexiado do Castelo do Soberano. Unha vez posta en marcha a idea tan só quedaba negociar cas diferentes administracións ás que afectaba o proxecto: todo un mar de inacabable burocracia no que o gran emprendedor camariñán do noso tempo demostrou ser un hábil capitán chegando a rápidos acordos cos diferentes entes públicos polos que todos saían gañando algo.

Así, a primeira administración que dou o seu visto bo ao futuro uso hosteleiro do Castelo do Soberano foi a Dirección Xeral do Patrimonio. Esta mostrouse dacordo cun futuro pacto entre Soto e o Concello de Camariñas polo que a cambio de obter a cesión gratuita da fortaleza marítima a Corporación camariñana otorgaría a licenza para a construcción dun hotel nos terreos situados enriba do Castelo. Neste punto cómpre sinalar que dende o primeiro momento Soto barallou a confección de dous proxectos hosteleiros, un no propio Castelo e outro nos terreos que o dominan e a pesares de valorar moi positivamente Patrimonio o que se executaría sobre o propia batería camariñana entenderon que para axilizar trámites e eliminar burocracia sería preferible que os permisos se centrasen no segundo dos proxectos, o que se sitúa nos terreos enriba do Castelo. Este último presenta unhas modernas instalacións perfectamente integradas no terreo, que recolle nunha 1ª Fase 30 habitacións e que asemesmo contempla unha hipotética 2ª Fase con outras 30, que conta cunha piscina exterior e un SPA interior, dirixido a captar clientes ao longo de todo o ano, non só na tempada alta, así como residentes da zona que nas súas augas termais poidan tratar problemas de saúde.

Unha vez obtido o visto bo de Patrimonio e da Consellería de Turismo, onde tamén foi presentado o anteproxecto, quedaba chegar a un acordo ca Consellería de Medio Ambiente. A transacción con ésta última non tardou asemesmo en producirse poñendo como única condición que o convenio co Concello de Camariñas se articulase a través da aprobación dun Plan Especial para o Castelo do Soberano dentro do actual PXOM que contemplase únicamente a recuperación e adecentamento da batería do Soberano e a construcción do futuro hotel nos terreos adxacentes, instalacións hosteleiras que sempre deberían ir vinculadas ao Castelo. Respecto a última das administracións en concurso, o Concello de Camariñas, o acordo parece ser asemesmo total, non en balde consigue de forma gratuita o Castelo para disfrute dos veciños de Camariñas e un hotel que colocaría á Vila das Palilleiras á vangarda da hostelería da Costa da Morte, cos postos de traballo que elo traería aparellado (sobre uns 15 en tempada alta; 7/8 en tempada baixa) e o efecto chamada turístico conseguinte. Neste punto podemos confirmar que o Alcalde de Camariñas Pichurri e o arquitecto contratado por Juan González Soto en breve desplazaranse conxuntamente ata Santiago de Compostela para entrevistarse con altos cargos de Medio Ambiente e profundizar así no desenrolo do proxecto que rescitaría da ultratumba á fortaleza marítima centenaria de Camariñas.

Así pois, a sorte está botada e, froito dun traballo longo e serio, a base de abundante paciencia, prolíficas ideas e moito talento, todo parece indicar que desta volta o Castelo do Sobrano despertará da súa longa noite de pedra. Un proxecto serio e de gran envergadura, nunca visto antes na Vila das Palilleiras, que ca finacianción adecuada, con socios capitalistas comprometidos cunha idea solvente e de gran futuro, colocará a Camariñas como referente principal do turismo de calidade en todo o entorno da Costa da Morte, un ámbito éste no que por desgracia a día de hoxe esta Franxa Atlántica adolece dun precario desenrolo. O sono tan longamente anhelado por ese visionario chamado Juan González Soto podería estar dando os seus primeiros e firmes pasos para convertirse nunha realidade da que se beneficiará toda Camariñas. Unha nova era ábrese para o Castelo do Soberano.

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Unha Nova Era para o Castelo do SoberanoBeldoña 25/10/2013 19:17
Sentiríame moi honrado de que, se estou vivo paquel entón, reserves pa min unha habitación pa o primero día da inauguración, e poder, así, soñar contemplando a miña ría e o meu mundo.
Parabéns, e queira Deus, que poda cumplir ese meu desexo.
Unha aperta
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
casinada
+3 # RE: Unha Nova Era para o Castelo do Soberanocasinada 26/10/2013 15:41
Gustariama, que o sr. Alcalde tivera tanto interes para outros proxectos, tanto ou mais importantes para o Concello. Outro tanatorio.
Responder | Denunciar ante o administrador
cansino2
-2 # RE: Unha Nova Era para o Castelo do Soberanocansino2 26/10/2013 16:03
elojo que?¿ vades a denunsiar a soto tamén como fixestes co tanatorio. díjoche a ti que te fas chamar CASINADA q se che ve o plumero vaite escribir pa túa pagina denunciador que fostedes vos os que denunciaste as 50 casas de camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
gordocabron
-2 # RE: Unha Nova Era para o Castelo do Soberanogordocabron 26/10/2013 16:10
siiii jordinflón vaite pa tua pagina ¿que fas aki? non che chegha cas denuncias que puxestedes as 50 casas q tamen keredes denunsiar todo q sea polo ben de kamariñs. fora do pueblo gordo cabron
Responder | Denunciar ante o administrador
Moriña
0 # MoriñaMoriña 30/10/2013 10:09
Me gustaba de niño ponerme en la punta del castillo y observar toda la ría ,recuerdos que siempre guardare ,me da pena ver esas maquetas por miedo al cemento me hubiera gustado algo más medieval donde la piedra es la primera materia prima,pero ya son gustos,lo mejor es ver gente emprendedora con ganas de hacer algo mejor por el pueblo ,bravo
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario