- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Xaneiro 2008 21 Xaneiro 2008
Cando decíamos o outro día que a camarinas.eu danlle as noticias feitas, seguramente houbo algún por ahí que dixo "vaia tíos máis fantasmas". ¡¡Pois non!! E como exemplo a noticia que nos sirve comida e masticada, incluso podemos dicir que deglutida o usuario de camarinas.eu Mikel, metido agora a periodista de investigación, o cal descubre na casa de Manuel de Lin unha auténtica obra maestra.
Como podedes ver nas fotos na casa do noso tamén usuario Manuel Campaña Carril existe unha reproducción exacta do seu barco, o Manuel de Lin, un auténtico luxo do que é autor un artesán de Camariñas descoñecido ata o de agora, de profesión mariñeiro, concretamente mecánico do barco de Manuel: Jose Antonio Antelo, alias "Espiche", asi é como é coñecido o fillo de don Ramón de Ficas. Segundo nos menciona Mikel axudoulle en esta gran labor artesana o seu primo Manuel Antelo, apodado "Mela" tamén mariñeiro de profesión. Para ambos o mar é unha paixón que non se agota co duro traballo diario, e decidiron plasmar toda a beleza e as formas perfectas do barco dos seus amores nunha reproducción do mesmo completamente fidedigna, con todos os seus aparellos a escala reducida e incluso este modelismo ten instalado en miniatura un sistema de alumeado eléctrico. En fin, unha auténtica obra de enxeñería feita por un artesan amateur.
A reproducción do Manuel de Lin posa nunha gran estantería de cristal no salón da casa do patrón do mesmo, Manuel Campaña Carril e, curiosidades da vida, o barco real tamen posa, pero na estampa do noso paseo marítimo á espera dunha decisión administrativa.
Comentarios
Moitas Gracias, DiegoNet tas en todo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.