- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Outubro 2013 11 Outubro 2013
Aínda que despois ampliamente extendida, a pranta da caña de azúcar non chegou ao Caribe senón da man dos conquistadores españoles. Esto sucedía a finais do século XV e co tempo daría lugar a toda unha subcultura propia, a das prantacións cultivadas por escravos e o da destilación do ron, arte éste no que descollaron especialmente os terratenientes franceses, colonos que non deixaban de sentir un terror non confesado polo mundo subterráneo dos ritos e tradicións secretas dos seus escravos negros, o que motivaba unha crueldade e brutalidade inusitada ante calquer atisbo de ameaza, e que foron quen de crear un corpo lexislativo que clasificaba á xente de cor en ata 128 tonos de pel distintos. Asemesmo, destilarían unha variedade de ron que sería a mellor e máis exquisita do mundo, a do ron agrícola, destilado a base de pura caña de azúcar, frente ao que se consume a cotío en calqueira dos nosos bares, o industrial, destilado a base de melaza e por elo pouco máis que caramelo líquido.
Nada din os anales acerca do momento histórico no que a pranta da caramiña chegou a Reira, pero un non deixa de sospeitar que seguramente estaba xa alí cando se creou o mundo e que probablemente alí seguirá ata que éste desapareza no medio do drama desatado polos ríos de fogo e as chuvias de vento e azufre preditas polo Apocalipsis. Mentras no moito máis templado clima do Barbanza ou alá nas ribeiras da fronteira portuguesa, nos supostamente otrora paraísos da caramiña (A Pobra e Caminha) hai tempo xa que non queda nin rastro da corema album en Reira non fai senón expandirse de xeito incesante e avasallador. Dende os seus dominios do Trece e da Pedrosa comenzou unha propagación imperial ata acaparar os restantes areis de Reira e así un aroma dulzón acompaña initerrumpidamente ao paseante que invade os dominios do gran verxel camariñán.
Dada a expansión sen precedentes de caramiña na Reira dos nosos días, tal vez haia que pensar moi seriamente en posibles saídas alternativas para o excedente. E ahí quen sabe se na destilación do producto se atope o futuro da nosa pranta nacional. E todo un novo mundo, unha tradición propia, de artesáns capaces de producir o máis exquisito dos licores recolla o testigo deixado por aquelas prantacións de imaxinativos escravos negros e aterrados e brutais colonos brancos.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.