1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Aínda que en principio as distancias sexan polo de agora considerables, tal vez dentro dun tempo a Escola de Xaviña rememore a situación da cidade mineira rusa das Illas Svalbard ou a daquelas poboacións diamantíferas alemanas próximas a Windhoek, na actual Namibia. A dunhas instalacións abandoadas, desoladas, precipitadas ao olvido. Esta mesma semana rescatábamos do noso arquivo unha imaxe da dotación ca que contaba o vetusto centro escolar xaviñán datada aproximadamente nunha época comprendida entre finais dos 80 e principios dos 90, nos turbulentos anos do Felipismo. Vestidos maiormente cos anacrónicos chándales que caracterizaron unha época, uns 50 rapaces sonríen confiados á camara. No curso escolar 2013-2014 recén escomenzado, tan só seis alumnos visitan a diario as aulas deste centro de ensino situado nas inmediacións do Lugar do Pedrouzo.

En verdade nunca foi España un país densamente poblado. Máis ben a súa escasa demografía foi un recurrente problema crónico. Sendo actualmente o segundo dos países da Unión Europea en canto a extensión, tan só por detrás de Francia, sen embargo a súa poboación vai moi por detrás e así se actualmente contamos cuns 50 millóns de habitantes, países de menor extensión e duramente castigados por hecatombes demográficas como I e II Guerra Mundial, tais que Alemania, contan con máis de 80 millóns. Incluso este foi o principal hándicap dos bos tempos do Imperio Español, causa directa de que non se emprendesen empresas de maior calado e que por poñer un exemplo explica que se tivesen que abandoar ao seu albur terras como a práctica totalidade das pequenas illas do Caribe: así, situada nas costas mesmas de Venezuela, douscentos cincuenta anos despois da conquista a Illa de Trinidad contaba con apenas unhas poucas ducias de colonos españoles. Cando a finais do século XVIII os ingleses desembarcaron nas súas costas ninguén foi quen de ofrecer a máis mísima resistencia...

Tal vez en esto, a vetusta escola do Pedrouzo non faga senón seguir unha secular costume española. Algo que incluso afecta a unhas terras tan espaciosas, fértiles e paradisíacas como as da extensa llanura de Xaviña

Engadir un comentario