Rafael e Xosé Manuel Lema presentando sendos libros en Santa Comba
Na noite do venres foron presentado na libreria Ler de Santa Comba dous libros de poemas de dous escritores de Ponte do Porto, os irmáns Xosé Manuel e Rafael Lema Mouzo. Os dous ademais de escritores están moi vencellados ao mundo do xornalismo e teñen obras recollidas en varias escolmas e libros colectivos. Rafael Lema exerce como correspondente de Diario de Bergantiños- El Ideal Gallego, e colaborador de varios medios de internet. Xosé Manuel Lema forma parte do grupo El Correo Gallego e dirixe o programa Na Encrucillada en radio Xallas-radio Obradoiro. ademais dirixe varios medios na rede como anosacosta, cronicas nerias.

Rafael Lema amosou a sua ultima última obra, “Alturas do monte Pindo”, publicada pola conselleria de Cultura e primeiro premio Xosé Manuel López Ardeiro do concello de Negreira. Según o autor estamos ante “un único poema longo, unha serga, un exercicio lírico con alento épico, pondaliano, onde se describe unha ascensión ao monte Pindo, nunca viaxe física e interior”. Asemade o poemario é unha visión da comarca de Fisterra desde as alturas do mítico nombre, cunha recreación de lendas e do espacio físico avistado ou evocado polo poeta. “Alturas do monte Pindo” recibiu grandes eloxios de escritores e críticos como Armando Requeixo, Xose Antón Ponte Far, Xulio Valcarcel, Miguel Anxo Fernan Vello. É o séptimo libro de poemas do autor que ten 17 libros individuais publicados e gañou alguns dos mais prestixiosos premios de poesia e narrativa en galego, asi como premios de investigacion a nivel nacional. Entre outros foi premiado nos certames Concello de Carral, Ardeiro, Esquio, Martin Sarmiento, Santa Barbara de Comunicacion, Espiral Maior.

Xosé Manuel Lema, desde moi neno gañou premios escolares a nivel galego que tiveron continuacion os últimos anos en certames como Colonial Café, Concello de Ordes, Rosalia de Castro, Concello de Malpica, Terra de Sena, Francisco Aguiar, Casino de Fisterra. Presenta un poemario intimista, “Cartafol de Néboas”, o seu segundo libro de poemas, tras “Os dentes da noite”, prologado por Manuel Rivas. Este novo libro leva o prólogo do gran escritor coruñés Xulio López Valcárcel, e unha autopoética escrita polo propio autor. Valcárcel escribe sobre o poemario que “este cartafol dista moito de ser cómodo ou plácido: un ruxido interior, un alarido de dor e rebeldía recórreo de principio a fin con labaradas de recordos e ritmos desenfrados de rock and roll”. Asemade o mestre Valcarcel comenta do libro que aporta unha “calma contida, só en apariencia porque o poeta é conscente de que o país e a memoria están ameazados e compre preservalos. trata de facelo a través de imaxes irracionalistas, invocacións e metáforas sorprendentes”.

Comentarios   

Moncho de Dios
+2 # RE: Presentación dos libros de Rafael e Xosé Manuel Lema en Santa CombaMoncho de Dios 05/10/2013 15:56
Nos va hacer falta una casa cultural,en puente del Puerto ,donde tengamos libros y poder ir alli como centro de reunion y ver como nuestras discusiones son sobre libros y no de futbol que nos esta embobando totalmente ,voy bueno de oir en otros tiempos y por algun señor que el futbol era utilizado por los politicos para que no hablasemos de otros temas ¿y ahora que?,muy bien hermanos
Responder | Denunciar ante o administrador
rafael lema
+1 # librosrafael lema 06/10/2013 13:36
una casa de cultura con biblioteca e actividades de animacion a lectura
Responder | Denunciar ante o administrador