Agora que o pobo de Camariñas empeza a quentar motores con motivo da preparación da XVIII Mostra do Encaixe, non está mal recordar unha das primeiras mulleres que se decatou da forte atracción que exercicía o encaixe sobre os turistas que visitaban o noso pobo. E esa muller non era outra que Sofía do Nacho, unha muller que ao cabo dos anos resultou ser nai e avoa de moitos dos usuarios máis fieis de camarinas.eu.

Esta foto ten así como vinte anos, e é unha auténtica foto histórica de Camariñas. Dona Sofía traballou comprando marisco de Camariñas nos anos 60, cocía o camarón e despois mandábao á Coruña no antigo Land Rover de Ruperto vello, tamén tiña unha mítica frutería que alternaba coa venta do noso encaixe, pero eso foi anos despois de empezar a comprar o marisco.

Dona Sofía, a primeira muller que vendío Encaixe nas rúas de Camariñas

Foi unha señora moi emprendedora pois quedou viuda moi xoven, chegou a ter fillos e moitos netos, e peleou moi duro por sacalos adiante, e hoxe en día éstes na súa maioría resultaron ser usuarios de camarinas.eu. Nai do recordado Esteban de Gelines (Pai de Mikel e Karina), pero tamén de Pilar de Lin, Sefa, Carmen do Italiano e netos como Gelinita, Pilar do encaixe, Carmencita do Arnela, Aniña de Sofía, todos os fillos de Pilar de Lin, e un longo etc.. En fin, unha muller clave no desenrolo de Camariñas, que sen dúbida se sentiría orgullosa de ver como todos os seu descendentes seguiron o seu exemplo.

Sofía e a súa nora Maruja vendendo encaixe
Sofía e a súa nora Maruja vendendo encaixe

Comentarios   

merlin
0 # merlin 18/01/2008 17:17
Si Señor Diego moi bo traballo eu hainda me acordo de señora sofia cando tiña a fruteria e o encaixe todo no mesmo cuartiña o lado do bar victoria donde despois segiu a sua filla Gelines e netas co encaixe era moi traballadora.
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
0 # karina 18/01/2008 17:26
gracias diego por esa reportaxe de miña abuela sofia,asta se me puxo a carne de jaliña,na foto tamen esta miña nai,por serto que jordiña estaba jajjajajja,xa chovio desde aquela,
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 18/01/2008 18:25
muitisimas jrasias diego por este reportaje. vasme faser chorar en ver a miña abueliña. eu creo que todo o pueblo se ten que acordar dela. para min é un personaje mitico deste pueblo. jrasias de parte de toda a familia
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # SRA.SOFIAcurrodetras 18/01/2008 19:30
Como olvidarse de sra.Sofia,fixem os muitos viaxes xuntos no land rover de Ruperto e no camion de Campos...menos mal que eu viaxaba solo o lunes,que palisas de carretera....
bo traballo rapases.
un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 18/01/2008 20:56
muitas jrasias Diego por eses recordos
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # juanillo 18/01/2008 22:25
si señor diego,miña bisabuela sofia,era a mais conosida no muro da coruña,non vexas como a querian por ali.xa me alejrastes o dia.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # sofiarubiasexy 18/01/2008 23:07
muitas gracias diego por recordar amiña nai esta mui ben con sua nora que e aqueten solo miña cuñada maruja grasias sefa son asua filla
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
0 # estudiante 19/01/2008 12:52
Mimadriña Diego, puxeste a pel de jaliña, cando vin a miña avoa. Mima que muller tan activa, tan emprendedora e tan boa persona. Esta muller si chejara a ter estudios, sabe Dios a donde podería chejar. Xa na queles anos dominaba a Coruña enteira. E xa vos contarei cando me veu buscar a Valensia, cando a vin entrar en CHeste.... xa chovío ...Dios che teña na Jloria, Sofía do Nacho.
Responder | Denunciar ante o administrador
Bufardo
0 # Sofía, su nombre sabe a arte.Bufardo 19/01/2008 14:00
Sofía, su nombre sabe a arte.

Ese arte hecho de encaje de espuma de mar, prendido por alfileres de oro en almohada de blanco satén.

El sonido de los palillos al cruzarse siguen susurrando su nombre: SOFIA.

Fdo. Bufardo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Xose
0 # Dona Sofía, unha muller emprendedora de Xose 22/01/2008 18:50
Ben certo é, foi unha muller moi traballadora ó igoal coas súas fillas. Foi a muller máis fotografiada do concello, saíndo en cantidade de libros e guías de toda Europa. Ben se lembrará o actual alcalde do apoio ben grande que tivo desta muller. Mais a miña pena é que non lle deran o reconocimento que merecía esta gran traballadora, como a outras tantas, na pasada lexislatura e por petición do PP, que esto se que foi incrible, mais o PSOE coidou que non merecía ser recompensada. Esperemos que algún día esta muller e outras sexan recompensadas
Responder | Denunciar ante o administrador