1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Novas medidas de seguridade no Ría do Pedrouzo á altura do Bar Ariño

Seguramente para evitar que algún hipopótamo, agora que o PP tirou para sempre con el ao mar, se suicide arroxándose ás augas embravecidas do regato do Pedrouzo, o Concello de Camariñas tomou as medidas necesarias para que unha serie de vallas protectoras foran instaladas ao longo do seu curso. Non só por esto, o ollo previsor municipal tamén anticipou acontecementos e quixo evitar asemesmo que as voluminosas carnes e as fluctuantes graxas do animaliño en cuestión poideran obstruir o normal fluir do gran curso hidrográfico xaviñán colapsando as súas augas ata o Ariño cas fatais consecuencias para o marisqueo municipal que elo traería aparellado. Incluso no momento da súa morte postrera, fluindo a duras penas as súas abundantes chichas nunha procesión mortuoria e fúnebre fluvial, baixo o coro habitual duns lamentables ximoteos e balbuceos cibernéticos, demostraría o noso hipopótamo municipal ser letal para os intereses das boas xentes de Camariñas.

O caso foi que que (aparte dos motivos de pura humanidade e conmiseración ante a desgracia allea antes comentados) dende o concello apreciouse dun tempo a esta parte que o nivel de seguridade na zona non era o ideal e por elo enviouse a un dos policías municipais ao lugar co mandato expreso de redactar un informe de seguridade sobre o curso do Río Pedrouzo. Unha vez constatadas no mesmo a existencia de graves deficiencias que repercutían sobre a circulación dos cidadáns (e dos hipopótamos), remitíose o citado informe ao ente autonómico competente en materia de conservación de carreteras, Estradas de Galicia, o cal ca lentitude propia dos dinosaurios administrativos empezou a meter man no asunto pasados uns dous meses dende a recepción do dossier camariñán e por partes e mediante parcheos acabou instalando as vallas que a bo seguro evitarán un drama dentro dos ambientes radicales da extrema dereita de Camariñas. Unha medida da que aquí en Camarinas.eu sinceiramente nos congratulamos, porque estes pobres diablos do extinto Comité Local de Sabios Expertos do PP de Camariñas, cas súas botaratadas cada vez máis delirantes e esperpénticas prometen no futuro días de gloria para o xornalismo da Costa da Morte, dun nivel nunca antes visto e que chegará a deixar en nada as andanzas e desventuras dos seus ex-camaradas do sector oficial, os así chamados polas súas deprimentes peripecias "Los Alegres Bromistas" (Daniel & Co.). Gracias Deus Todopoderoso por deixarnos estar aquí e poder contalo. Avecíñanse días históricos para o xornalismo (o humorístico, queremos decir)

{tab=Foto 1}
Novas medidas de seguridade no Ría do Pedrouzo á altura do Bar Ariño
{tab=Foto 2}
Novas medidas de seguridade no Ría do Pedrouzo á altura do Bar Ariño
{tab=Foto 3}
Novas medidas de seguridade no Ría do Pedrouzo á altura do Bar Ariño
{tab=Foto 4}
Novas medidas de seguridade no Ría do Pedrouzo á altura do Bar Ariño
{tab=Foto 5}
Novas medidas de seguridade no Ría do Pedrouzo á altura do Bar Ariño

Comentarios   

TAMOS CHORANDO
+2 # PERDOADETAMOS CHORANDO 24/09/2013 19:35
O hipopótamo nos joderia o rio entero,de que anda agora de fundador dun partido ,el que hai uns días dicía a bomba e prato que era o secretario xeral de non sábese que país e agora nos deixa sen o seu gran liderado ,que imos a facer sen el,tenemos que falar co alcalde para poñer un dia de loito en todo o concello ,por vos di que grande perdida ,esta é irremediable a morte do pp,no vaia ser que se estree o tanatorio coa defunción de todo o partido do pp,hay que foderse ,nuestro guía espiritual ,nuestro Gandhi ,nuestro lutero khing,se vainos ,nos deixa o partido completamente asolado ,desmembrado ,descuartizado ,que pena ,vamos a traer unhas carpideiras (choronas ) pois nós xa non temos tanta lagrima para soltar ,por fin viu a luz ,por fin se baixo da burra,adios ,adiós ,nos deixas ,la pena é enorme ,les rogo compréndanme e perdóenme as miñas faltas de ideas nestes momentos ,pero xa ven que o forno non esta acendido e co apagado pouco pódese hacer,te vas,nos deixas ,asi de súpeto sen avisar,vamos ter que ir a consolarnos ,pues estamos todos cunha dor no peito que é un nó enorme ,adiós pepiño adeus ,siempre terémosche onde ti sabes,
Responder | Denunciar ante o administrador