1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este venres 23 de agosto de 2013 asistimos con ledicia, emoción pero sobre todo con orgullo á consagración definitiva dunha persoa, escritor para máis señas, que dou os seus primeiros pasos xornalísticos en Camarinas.eu: o noso gran amigo e habitual seguidor Marcial Mouzo, o amo absoluto da noite radiofónica galega, comunicaba ao noso usuario, amigo e colaborador Antonio Puertas que a partires deste luns tería unha sección propia na nova tempada do Programa "Pensando en Ti". Corría o segundo ano de andaina xornalística desta redacción cando demos en publicar na portada da que daquela xa era a web máis vista da Costa da Morte a aqueles usuarios que entendíamos dotados dun talento en verdade excepcional e así empezaron a aflorar xoias literarias: en primeiro lugar, alá por decembro de 2007 ou xaneiro de 2008, Juan González Soto, perdón queríamos decir Juan Camariñán, abraiaba a redactores e público cuns relatos que se chegaron a comparar cos do mesmísimo Anton Chéjov. Un pouco máis adiante, irrumpindo dende o Libro de Visitas cun fulgor deslumbrante tanto en prosa como en verso era Antonio Puertas, alias Beldoña, o que lograba para sí mesmo un 28 de novembro de 2008 unha sección propia dentro da nosa Gaceta Cultural na que iría alternando relatos (as así denominadas Historias de Camariñas) e poemas (as Antoloxías Poéticas) e por aquelo da analoxía inevitable ca Literatura Rusa era comparado con Iván Bunin, o primeiro ruso en recibir o Premio Nobel.

Sobre a base destes dous xigantes co tempo cimentaríase a Gaceta Cultural máis completa e talentosa de toda esta Franxa Atlántica e quen sabe se de Galicia, sumando pouco a pouco, paso a paso, novos aportes destacados: os do noso amigo de toda a vida Luis Esteiro Ramos e os seus impecables, ben documentados e mellor analizados artigos sobre cine e música; as das colaboracións do prestixioso economista madrileño de orixe porteña Florentino Rogero, sempre mesuradas e positivas; as do tamén porteño afincado en Vigo Xoán Ramón Carballo Alvite, a vista ao pasado máis talentosa e nostálxica; e finalmente, o gran historiador da Costa da Morte, outro porteño universal, Rafael Lema, que convertíose en profeta na súa terra e verte os seus inacabables, inmarcesibles e infinitos coñecementos na terra na que gracias a Deus dou en nacer.

Gran camariñán, mellor persoa, tesoureiro que foi do noso querido Club Náutico, o propio Marcial Mouzo nos confirmaba esta mesma mañán por vía telefónica a exclusiva que dera a primeiras horas cunha sinxela mensaxe dirixida ao facebook de Antonio Puertas e nos confesaba que, coma todos, el empezara a seguilo a través de Camarinas.eu: primeiro cos relatos e poesías publicados no Libro de Visitas e despois sendo un apaixoado seguidor da súa sección literaria e que incluso baraxou moi seriamente nun primeiro momento chamar á sección do noso querido Beldoña "Relatos", a semellanza da de Camarinas.eu. Neste punto, debe recalcarse o patriotismo camariñán dun home como Marcial Mouzo, líder xornalístico imbatido na súa franxa horaria, que para unha das seccións máis importantes do seu programa decide contar cun dos seus compatriotas: outro camariñán todo talento, bonhomía e simpatía chamado Antonio Puertas.

En verdade para unha sinxela e humilde web de pobo que non ten maiores perspectivas que as da promoción, consolidación e propagación cibernética do seu concello, non pode haber maior orgullo, maior autorealización e confirmaciónq ue servir de lanzadeira para os grandes talentos de todo tipo do noso pobo, en especial no eido cultural que sempre foi (todo hai que decilo) o olliño dereito dun dos seus redactores. Antonio, o orgullo e a satisfacción, a ledicia e felicidade, non nos caben no corpo. Este venres 23 de agosto de 2013 asistimos cáseque en directo a realización dun auténtico acto de xusticia que poñe man a man frente a toda Galicia a dous dos camariñáns máis talentosos: Marcial Mouzo e Antonio Puertas. Antonio, sinxelamente desfruta e fainos desfrutar.

Comentarios   

Moncho de Dios
+3 # RE: Beldoña novo colaborador do programa de Marcial MouzoMoncho de Dios 24/08/2013 15:44
Tengo un problema,no se si felicitar a Marcial Mouzo por el fichaje que hizo o felicitar a Antonio Puertas ,ante la duda los felicito a los dos ,seguro que los programas van tener mucho exicto,puesto que Antonio sabe hasta latin,enhorabue na a los dos y a mi me toca escuchar
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.