1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Limpeza dos contenedores de basura na Rúa Principal de Camelle

Aquelo de baldear os sufridos contenedores do concello cunha allada mangueira e par de bruses chegou ao seu fin. Foi como si de rehabilitarse primitivamente en época estival nun rudimentario hostal provinciano os nosos contenedores pasaran a desfrutar dos placeres dun hotel balneario de luxo, con spa incluido. Por aquelo de ter a nosa casa, o concello, nas debidas cndicións cas que agasaxar aos invitados que se esperaba inundaran as rúas de Camariñas ca celebración dunha Festa do Carmen máis polo alto que nunca nos seus máis de 300 anos de historia precedente así como polo verán sofocante que se esperaba, dende o 15 de xullo o consistorio camariñán puxo en marcha un programa de acicalado, acondicionamento e rexuvenecemento do noso marchito e anticuado patrimonio municipal de contenedores, sendo por vez primeira que se facía a través dun innovador dispositivo que incluía un moderno camión de xestión de residuos.

Este na súa parte traseira conta cun departamento especial noq ue unha vez incorporado ao mesmo o contenedor en cuestión sufre un proceso de lavado intensivo a base de auga quente a presión especialmente tratada con productos químicos que o deixa como os chorros do ouro. Esta posibilidade innovadora posta en marcha dende o concello foi posible gracias ao momento de excepcional saúde financieira do que gozan as arcas municipais e logra que os malos hedores acumulados ao longo de todo un ano polos destinatarios finais de todo o noso lixo en vez de afondarse chegadas as grandes calores veraniegas desaparezcan sen deixar rastro, listos para un novo exercicio. As imaxes tomadas pola caravana itinerante de Camarinas.eu tiñan lugar cando o camión cumpría co seu cometido na parroquia máis septentrional do noso concello, cuios contenedores, eso que ninguén o dubide, quedaron limpios como patenas. ¿Haberá de agora en diante contenedores máis felices que os nosos?

Comentarios   

PARDIÑAS
# PURA HISTORIAPARDIÑAS 21/08/2013 19:38
p. 3v: en "descargo" figura "da endata de Encajes para un Alva cinco reales---005". 12 de julio de
1739.
• pp. 10v-12v en "Fábrica y mandatos San Jorge de Buria", en el 2º mandato en la p. 11v el Visitador
General del Obispado de Mondoñedo manda "... reparen la imagen (Sta. Marina) quitándole la
cofeta de encaxes que tiene en la caveza...". 26 de octubre de 1744.
• p. 13v en "descargo" figura "da endata de cinco reales vellon que costaron los encajes para dos
amitos, y componer las albas". 30 de mayo de 1745.
• p. 20v en "descargo" figura "da en datta catorze reales que se gastaron en paño blanco y encaxes
para amitos compusición de estos, y de un alba---0014". 6 de septiembre de 1749.
• p. 27 en "descargo" figura "Ms de catorce reales y veinte maravedises de encages para Albas---
014...20". 28 de agosto 1754.
• p. 52v en "datta" figura "mas ducientos y settenta reales que tuvieron de coste unas mesas de
corporales para la Iglesia ttodo ello con sus encages inclusa la echura---0270". 6 de junio 1761.
• p. 55v en "datta" figura "mas cuarenta reales de quatro baras de encaxes grandes para un alva a
diez reales cada bara---0040". 7 julio 1761.
• p. 60v en "datta" figura "mas cuarenta y un reales de encaxes grandes y pequeños para alvas y
amitos---0041". 12 enero 176
PARDIÑAS
# historia y mas historiaPARDIÑAS 21/08/2013 19:40
p. 68v en "Mandatos" el Visitador General del Obispado de Mondoñedo "asimismo manda...que en
la Hermitta de Nuestra Señora del Monte, la que (puntualmente) visitó se haga un Alba y Amito de
ttela dezentte con sus encages...". 17 de octubre 1765.
• p. 74 en "data" figura "más de seis reales de encages para composición deun Alba---0006". 23 de
abril 1767.
• p. 77 en "datta" figura "mas seiscientos setenta y dos reales y veinte y ocho marabedises des las
puertas de sachristia, confecionarios, ferrage, salarios del carpintero, tela, y encages, para unos
pocos corporales, que uno y otro se obro en su año---00672,28" . 23 abril 1770.
• p. 89 en "datta" figura "consiguienteme nte se le admite endata ochenta reales de dos paños de
Alzar, encages y composición de otros---0080". 23 abril 1776.
• p. 107v en "data" figura "mas de endata trezientos ochenta y tres reales que dio para unas Albas en
encages, Mesa de Corporales fina, y una Casulla que se hiza nueba---0383". 8 agosto 1781.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.