1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Isabel Blanco, unha asídua ao local de moda en Santiago - Foto: La Voz de Galicia
Nunha das oito ou nove prazas máis famosas e fermosas do mundo, aquelas que constitúen por si mesmas iconos dunha cidade e incluso dun país (Times Square, en New York; San Marcos, en Venecia; Vendome, en París, Piazza Di Spagna, en Roma; Trafalgar Square, en Londres, a Praza Roxa, en Moscú que non en Santiago; o Zócalo, en México DF...) teñen unha parexa de irmáns xaviñáns unha terraza. Un conxunto de mesas e sillas, algunha sombrilla tamén sobre todo que apreta o calor, natural extensión dun local hosteleiro de entre os máis renombrados da capital de Galicia. As vistas que ofrece unha tranquila e sosegada tarde a terraza en cuestión non poden ser máis abrumadoras e viaxan ata as orixes do tempo: un conxunto acabado pétreo dunha beleza cáseque sobrenatural tan só enturbiada polos vos e paseos apresurados de centos de pombas capitalinas dominado nun lateral pola Catedral e na outra parede colindante por unha placa que honra aos patriotas do Batallón Literario que en 1808 marcharon a loitar contra os franceses.

O local do que parte como unha extremidade máis a terraza é A Quintana e, como resulta obvio, está aos pes mesmos da praza do mesmo nome. Esta mesma semana La Voz de Galicia propoñía a sete afamadas persoalidades do ámbito galego que elexiran a súa terraza preferida e unha delas resultou ser a do local rexentado con éxito espectacular polo noso gran amigo Félix García Insua. A actriz Isabel Blanco, nacida para o mundo da interpretación na xa lexendaria serie de "Mareas Vivas"  e agora habitual dos grandes filmes nacionais (as apreciables "Un franco, 14 pesetas" e "Ispansi", dirixidas ambas por Carlos Iglesias") declarouse rendida admiradora dun local que non deixa de ser un anaco do noso concello enclavado no corazón mesmo da sagrada Compostela. Degustando un café americano na terraza da Quintana o seu xuizo de valor sobre a paraxe non podía ser máis certeiro: "testemuña íntima do paso do tempo", unha praza na que se ve "cada anel do paso do tempo" e onde se mezcla con total naturalidade "o rural, o urbano e o universal". E nós, orgullosos de que alí estén uns xoves camariñáns, traballando duro e facendo que o noso concello vaia cada día un pouco a máis.

Engadir un comentario