- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Agosto 2013 09 Agosto 2013
Estaba sendo un verán, en realidade todo un ano, nefasto en canto a capturas da flota camariñana. Algún caso illado sí que había de cando en vez, pero a tónica xeral eran barcos volvendo baleiros das súas infructuosas campañas. Elo caía sobre a economía de Camariñas como unha bomba de acción retardada que co seu efecto arrastre traía como consecuencia bares sen clientes, restaurantes dependendo en exclusiva de turistas e demáis negocios sobrevivindo cun coitelo entre os dentes xusto nos peores momentos da crise económica, política e moral que afunde España cada día un pouco máis. E nestas, como un sono dunha noite de verán, as boas capturas voltaron ao noso porto na madrugada deste venres 9 de agosto de 2013.
Un atisbo de esperanza surxía cando varios barcos do cerco camariñán capturaban topes de xurelo francés mezclado con español, o cal segundo os expertos parace abrir mellores perspectivas para unha campaña que en verdade viña sendo catastrófica. Os precios acadados chegaron aos 9 euros no caso do xurelo hispano e a un par de euros menos no gabacho, revertindo por un día a mala sorte que acompañaba ás acometidas da flota máis importante, mellor equipada e máis solvente e profesionalmente patroneada da Costa da Morte. Agora só queda esperar que este pequeno sono dunha noite de verán se convirta nun longo período de ensono e os nosos volten repletos unha e outra vez dos inacabables froitos do mar. Nun verán no que o turismo tira forte da economía do concello e no que as arcas municipais andan saneadas como nunca, sería a cuadratura perfecta do círculo camariñán.
Comentarios
Tocame tamen discrepar en canto a que as contas municipais anden tan saneadas como nunca.Non creo que sexa tanto,e si realmente e asi,espero tamen que empregen ese capital coa maior responsabilidad e posible,pois hai colexios que agradecerian unha inxeccion desa arca pra sanear as deficiencias que van acumulando durante anos pouco xenerosos en finanzamento,e isto pode ser un exemplo de tantos outros entre eles aldea madeira nun estado de abandono e uns cuantos eceteras mais.Non todo pode ser pra novas infrastucturas, infrastucturas que unha vez feitas necesitan un mantemento continuo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.