1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Problemas no porto de Camariñas debido ao temporal de nordeste

Nunha vila costeira do Sur de Galicia, nun paradigmático barrio mariñeiro, os seus veciños esperaban ansiosos e ilusionados ás cacharelas de San Xoán: durante dúas semanas completas, grandes e pequenos, acarrearan leña en cantidades inxentes cara o borde do coqueto paseo marítimo, alí onde se formaba ca baixamar o típico areal de fango e verdín e ata foran quen de sumar á xigantesca pira que estaba en cernes dúas embarcacións abandoadas que dende tempo inmemorial xacían moribundas ao carón das súas pedras. Todo estaba listo para que, apenas faltando dúas horas para o inicio da explosión piroplástica, unha grúa baixara ao areal e dende alí apilara a madeira enriba dos vellos buques condeados e empezara a festa: o bar do barrio poñería a comida (churrasco e xurelos) e a música unha banda local especializada en versionar a Elvis e aos Stray Cats. O Sur profundo dos Estados Unidos no Sur clásico das Rías Baixas.

Si unha peculiaridade xeográfica caracterizaba a este ancestral barrio mariñeiro de pescadores e mariscadores, con factoria propia dunha das máis sinaladas conserveiras nacionais non moi lonxe, era a da súa exposición inclemente aos ventos do nordeste e eso que alá enfrente, ao outro lado da ría, erguíase maxestuoso o Monte da Curota. Cando chegou o día, xa de boa mañán os seus veciños empezaron a sentir un desacougo indefinible: en verdade o vento azoutaba faces e ilusións dun xeito furacanado e constante e á hora do chiquito no ateigado bar algún xa empezou a temer moi seriamente polos destinos do honor do barrio. Non faltaron optimistas antropolóxicos que víctimas dun voluntarismo insensato e irreal tildaran de páxaros de mal aguero, cenizos perpetuos, aos que así expresaban as súas dúbidas, pero a sorte xa estaba botada e un pesimismo xordo e desalentador comenzou a extenderse polo barrio nas horas da desasosegante sesta. ¿Acaso en toda a vila, en todo o concello, a nosa ía ser a única lumarea que qedaría prohibida por decreto gubernativo? Fui sobre as 20:00 da tarde cando (vía facebook) o responsable municipal de seguridade pública e protección civil certificou o que todos xa deran por certo no seu foro interior. Pouco despois un destacamento de voluntarios de protección civil desembarcaba no triste Paseo Marítimo e procedía a regar abundamente unha pila de leña que quedaba sen sentido. Os dous vellos lobos de mar vían conmutada polo momento a súa pena.

Un vento que máis ao norte, nunha vila mariñeira que segundo decían en tempos medievais fora porta de entrada á artesanía flamenca, non suspendía lumareas pero facía tremer de congoxa a potentes embarcacións que chegadas dende portos lonxanos como o de Laredo acolleranse ao seu seno. Debido á forza do vento, ao empuxe das augas, os amarres tensábanse ata o extremo na esquina do seu muelle novo e os vellos mariñeiros laiábanse amargamente por aquel publicitado proxecto portuario que contiña a construcción dun contradique que evitaría marexadas como as que nese día revolvía o interior do seu porto nativo. Pero neste caso non había desolación nin sorpresa, tan só un infinito cansancio e un perpetuo sentimento de noxo. As mentiras dun político sempre serán máis predecibles que a forza desatada dos elementos.

Engadir un comentario