- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Xuño 2013 21 Xuño 2013
O xoves 20 de xunio da primavera máis xélida da historia recente do mundo un destacamento marítimo de Portosín tomaba ao asalto as instalación do Muelle Novo de Camariñas. Facía de improviso e con certas prisas abrumado pola chegada inminente da data crucial da noite do 23 de xuño. Acudían na procura da tan preciada sardiña de San Xoán, baixo a cifra mareante dos 130 euros/caixa que chegou a acadar o tan preciado manxar nas lonxas don contornos na data de autos. Sen embargo as perspectivas non eran boas: expulsados das augas da súa terra, un Barbanza a mar aberto, pola escaseza do producto chegaban a outros mares nos que o panorama non era moito mellor. Contan os mariñeiros antigos que no ano corrente do Noso Señor de 2013 a sardiña tarda en vir, que as redes voltan baleiras para terra, posiblemente debido a unhas desacostumadas e xélidas temperaturas que convirten as augas nun océano glacial ártico. Un mar xeado a unha temperatura inusualmente baixa que conleva a inexistencia de capturas e a ruina completa da economía dunha vila mariñeira.
Foi por elo que segundo contan, tal que na antiguedade piadosos fieis organizaban solemnes procesións para implorar polo favor divino e a mellor fortuna, os responsables da flota das Rías Baixas acudiron en humilde peregrinación ata o altar dos novos deuses do noso tempo: ata elegantes e enmoquetados despachos dos responsables urbanos da Consellería do Mar en Santiago de Compostela para, no medio de reunións de traxe e corbata e elegantes vestidos adornados por todos os complementos de ocasión, solicitar unha moratoria que lles permita ir ao mar durante toda a xornada deste venres 21 (lémbrase que as 10 da mañán dos venres son o horario tope para que os barcos da rede estean en porto parados ata o luns) así como a do sábado 22, esperando confiados contar ca benevolencia xerárquica superior. Anhelan estos sinxelos mariñeiros voltar cunhas bodegas repletas cas que surtir a noite de San Xoán cara o seu porto sureño, non lonxe daquel Castro das épocas romanas encaramado sobre un risco sobre o mar. Tal que acontecía entón cando os xenerais que voltaban victoriosos das súas campañas a Roma, debían esperar ás orillas mesmas do Rubicón a autorización do Senado para poder cruzar as súas augas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.