1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Sorprendente rastro do buque Serpent atopado no cumio do Monte Lobeira, preto de Vilagarcía

O que nun tempo eran viaxes de vagabundeo por poboacións sen maiores perspectivas, co paso dos anos convertíronse en visitas a lugares de maior enxundia e así foi como unha tarde calquera de finais do mes de maio de 2013 un atopa no cumio dun monte perdido da Comarca do Salnés o nome de Camariñas grabado nunha placa. Non lonxe dos multitudinarios furanchos da parroquia de Cobas (Meaño), nin do suculento tinto de Barrantes (Ribadumia), dando inicio aos cursos de auga pola que  discurre máis abaixo a coidada ruta dos muiños de Armenteira (Meis), dentro do concello no que vía luz Ramón María del Valle-Inclán (Vilanova), dominando dende as alturas a gran capital desta bendita comarca (Vilagarcía), e rodeado polos seus catro costados por kilométricas cepas dese albariño que dará a volta ao mundo, atópase o Monte Lobeira. As súas reminiscencias non poden ser máis antigas: as crónicas sitúan no seu cumio o emplazamento dun castelo xa no ano 964, fortificación que se mantivo firme ata que as guerras irmandiñas derrubaron entre 1466 e 1469 as súas pedras tal como as trompetas un día aniquilaron os muros de Xericó.

Dúas son as vías para acometer a ascensión a un monte tan antigo: dende a cara sur por un carreteira un tanto destartalada que obrigará a complicadas maniobras en caso de enfrentar un automóvil en sentido contrario ou pola cara norte, dende Vilagarcía de Arousa, seguindo un coidado manto asfáltico polo que discorren os numerosos autobuses que levarán aos turistas ata o alto. Xa na cúspide deste cono natural, a 289 metros de altitude, as vistas que un atopa subiugan os sentidos: cara o oeste a Ría de Arousa, ca súa principal Illa nun primeiro plano; o norte amosa a xa mentada Vilagarcía e alén a cara sur da Serra do Barbanza, o oeste permite albiscar as fértiles e prósperas terras que se adentran cara a Provincia de Pontevedra e finalmente no sur álzase a turística Península de O Grove e máis alá, Atlántico aberto, a Illa de Ons. Entón resulta obvio que o que menos se espera atopar un visitante no mirador que da cumio a un emplazamento semellante é un rastro da lonxana Camariñas. E sen embargo ahí está, acreditando o carácter omnipresente dun pequeno concello illado do fin do mundo do que xurde dende o mellor encaixe do planeta ata raíñas holandesas e que sempre se cobra a súa eterna cuota de protagonismo.

A escasos metros do cumio, nun con de enormes proporcións e baixo unha cruz que da fe da cristiandade destas terras antigas, luce unha placa de bronce cunha lenda que convenientemente traducida viría a decir tal que así: "Na memoria dos 173 oficiais e homes que perderon as súas vidas no afundimento do buque da súa maxestade británica "Serpent", o 10 de novembro de 1890 na Punta del Buey Cameriñas (sic). Esta placa foi erixida polo Almirantazgo Británico". Así, inesperadamente, baixo os ventos ululantes que percorren o principal pico do Salnés atópase outro elemento que unir á memoria maldita do Serpent, xunto ao Cemiterio dos Ingleses, o famoso barómetro ou a escopeta de caza do cura de Xaviña. Despois un enterarase de que foi a escuadra inglesa que visitou a Ría de Arousa en 1896 a que decidío emplazar semellante recordatorio baixo unha cruz que xa honraba con anterioridade aos caídos fatalmente en acto de servicio e que, errores topográficos á marxe, fai que, sin escapatoria posible ao seu eterno destino de protagonista inesperado e principal, Camariñas acabe reinando dende as súas alturas sobre as que probablemente sexan as máis fermosas, máis fértiles e máis prósperas terras de Galicia.

"In memory of one hundred and seventy three officers and men who lost their lives at the wreck of her britannic majesty's ship "Serpent" on the 10th november 1890, at Punta del Buey Cameriñas. This tabler was erected by the British Admiralty"

Comentarios   

Javier Taboada
+4 # RE: Camariñas reina sobre O SalnésJavier Taboada 04/06/2013 12:30
Nunca habia tenido conocimiento de lo que se cuenta en este reportaje ,como el lugar parece de lo mas bonoto ,tendremos que hacer con mi familia una excursion hacia ese lugar,gracias a Cameriñas.eu por estas noticiaa
Responder | Denunciar ante o administrador
UN XAVIÑAN
+4 # RE: Camariñas reina sobre O SalnésUN XAVIÑAN 04/06/2013 13:26
Pois vaia a donde foron poñer unha placa do Serpent,si non o vexo non o creo,nunca iras pa cama sin saber unha cousa mais ,miñas felisitacions
Responder | Denunciar ante o administrador
PARTIDOS POLITICOS
+3 # RE: Camariñas reina sobre O SalnésPARTIDOS POLITICOS 04/06/2013 17:22
Na postura de Feijoo resúmese todo: o partido é unha basurilla. É o poder o que conta. A el fichouno Romay en tempos nos que ser do pp era unha mala carta de presentación. Vese que non había afiliados capaces.
E logo tivo que afiliarse, supoño que contra a súa vontade.
E a vida segue igual. As cotas de poder son persoais.O partido mesmo molesta.
Responder | Denunciar ante o administrador
Blesa detenido
+2 # RE: Camariñas reina sobre O SalnésBlesa detenido 05/06/2013 18:32
me parece bien que vaya a la cárcel,pobre hija de Aznar comentaban en estas paginas,pero quien seria el inteligente de las invitaciones ,pobrecita ella,lo importante es que devuelva el dinero ,pero no os rompáis mucho la cabeza que aquí no lo devuelven.Pero que habremos hecho en España para merecernos estos castigo ,esto si que es el infierno y no lo que decían antes ,aqui unos cuantos se lo llevaron todo y lo peor es que estos no van al infierno,le hacen veinte mil misas con veinte mil curas y ya esta
Responder | Denunciar ante o administrador
e os demais ¿que?
+2 # RE: Camariñas reina sobre O Salnése os demais ¿que? 06/06/2013 08:22
Que vai ser daquela mulleriña que foi engañada por un director pra collerlleos cartos e que el non sabia o dano que esaba facendo ou a min o meu jefe dime que teño que matar a un home e eu fago por non perder o traballo,veña a roubar porque me manda o xefe,non,non e asi,nin pode ser señores xuices,isto esta comenzando,xa teran menos castigo pero a bala salio deles e mataron os mais desfavorecidos
Responder | Denunciar ante o administrador
a perpetuidad
+2 # RE: Camariñas reina sobre O Salnésa perpetuidad 06/06/2013 09:04
Detenido a perpetuidad segun mis conocimientos sobre la causa ,no se llenan y quieren mas,no se entiende para que quieren tanto,estan tan arriba que se cren por encima de la ley,espero que no,mejor dicho espero y deseo la justicia autentica
Responder | Denunciar ante o administrador
CARA CORTADA
+2 # RE: Camariñas reina sobre O SalnésCARA CORTADA 06/06/2013 09:24
Esto que estais comentando me recuerda al famoso Al Capone el cual tuvo una pelea en un bar por una mujer y su novio le corto la cara ,por eso le quedo el nombre de Cara Cortada ,el llego a ser el mayor asesino y muchas cosas mas .pero tambien eran culpables los que ejecutaban sus ordenes,
Responder | Denunciar ante o administrador
AO CAPONE UN SANTO
+2 # A NOS NON NOS FIXO NADAAO CAPONE UN SANTO 06/06/2013 18:17
O ocorrido no mundo financeiro son palabras maiores,aqui aínda non se empezou a investigar,dent ro do mundo financeiro o peor sucedeu coas caixas de aforro,foron mangoneadas por persoal sen preparación ningunha ,chámense políticos ,sindicalistas e directivos sen escrupulos,pers oas que só buscaron a súa enriquecimiento ,sen pensar na legalidad nin no pensamento do seu creacion
Responder | Denunciar ante o administrador
UN CAMELLAN
+1 # RE: Camariñas reina sobre O SalnésUN CAMELLAN 06/06/2013 18:22
Pois mira onde foron a atopar estes elementos unha placa do Serpent,eu nin de broma críamo ,pero é verdade,moi ben.Non parais de dar exclusivas últimamente,ese é o camiño,un pouco de todo ,non imos estar sempre con malas noticias ,de cando en vez podiades poñer unha pagina de chistes ,o importante é a felicidade e si nos reimos mellor .Grazas Diego
Responder | Denunciar ante o administrador
¿SANTO ,SANTO ?
+1 # RE: Camariñas reina sobre O Salnés¿SANTO ,SANTO ? 07/06/2013 08:43
Es verdad que no nos hizo ningun daño,pero santo,me suena algo fuerte,lo que si es verdad que si a nosotros nos dejan sin alcohol aqui todos estamos de acuerdo,no hace falta un referendum,ese esta ganado ,no se si sreia por ahi tu intencion de llamarle santo,es algo que no dejas claro
Responder | Denunciar ante o administrador