20 barcos de ata 6 localidades distintas refúxianse en Camariñas, o mellor porto da Costa da Morte

Co novo peirao de Camariñas, os temporais perden forza dentro da ría
Co novo peirao de Camariñas, os temporais perden forza dentro da ría

A pesar do que din os expertos do cambio climático, Camariñas onte volveu a revivir un temporal de vento e chuvia que sobrecollío a todos os veciños, un temporal dos vellos tempos.  Os ventos chegaron ata os 120 Km/h, o mar absolutamente impracticable e por eso barcos de ata seis vilas mariñeiras distintas acolléronse ao porto máis importante e seguro da Costa da Morte.

Os barcos de Camariñas imposibilitados para saír a faenar debido ao temporal, sumáronse no seu paro forzoso aos barcos da familia Lin. Os vellos mariñeiros, entre café e copa dende os bares, pasaban o seu tempo observando coa mirada perdida o mar enfurecido que non permitía arriscar a vida en novas singladuras. Con todo dende que se construío o muelle novo o mar xa non mete o medo que metía antes, cando en días de forte temporal a auga do mar podía chegar ata a Praza de Camariñas ou a Clínica, e as xentes que vivían nas casas da fachada marítima de Camariñas vivía eses días anguriadas. Agora só queda que, ben acollidos ao calor de calqueira dos nosos bares mariñeiros, esperar a que escampe e chegue a calma. Que non chovío que non escampara.

Pulsa na foto para ver o video do aguacero que asolou Camariñas este xoves 10 de xaneiro e outras fotos.

 Video do aguacero que asolou Camariñas o venres á unha da mañá

Buques de Riveira acrrucados no porto máis seguro da Costa da Morte

Grandes buques das Rías Baixas recóllense no porto máis seguro desta costa: O de Camariñas
Grandes buques das Rías Baixas recóllense no porto máis seguro desta costa: O de Camariñas

Comentarios   

jesus
0 # o porto de camariñasjesus 12/01/2008 18:30
o porto de camariñas e o mais seguro queai en toda costa da morte e xa se ve que veñen os barcos a refuxiarse a este porte e nos mui contentos de que asi sea um saludo de jesus
Responder | Denunciar ante o administrador
bettyboop
0 # un puerto abrigadobettyboop 12/01/2008 18:46
Camariñas tiene unas buenas instalaciones portuarias sin duda mejores que otras de la costa da morte, por cierto si molesta que ponga anosacosta.com, o que opine libremente me lo decís y me marcho que no quiero problemas. un besiño
(pense que habia buen rollo con anosacosta.com y diaricamarinan, merexonon se vende, etc
viva la costa da morte unida
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # bettybbopgancho loco 12/01/2008 21:00
Tes moita razón que temos moi boas instalacions portuarias, que por certo chegaron tarde para a inmensa flota que tiña antes CAMARIÑAS.
Por outra parte creo que te queixas do recibimento no foro, jejeje, ¿qué esperabas logo?¿aplausos? De todas formas nadie se meteu contigo nin coa tua páxina de "anosacosta.com ", solamente que nos suopo a pouco a tua presentación tan parca en palabras.
Biquiños.
Responder | Denunciar ante o administrador