- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 17 Abril 2013 17 Abril 2013
Nun acto que non cabe calificar senón dunha valentía inaudita, tal vez suicida e inconsciente, o Concello de Camariñas procedío de motu propio a reparchear a seriamente quebrantada Carretera do Faro. En primeiro lugar porque, tal como andan os tempos, arriscábase a ser demandado penalmente ante os tribunais por algún veciño colindante, entre os xaleos e delirio da extrema dereita patria, sempre disposta a ametrallar ao concello ante o poder xudicial en pleitos nos que priven os intereses privados dos seus protexidos diante dos da colectividade así como a mandar de tanto en tanto algún Escuadrón de la Muerte envenenado con serias intencións homicidas á redacción de Camarinas.eu. É o precio que hai que pagar por enfrentarse á secta fanatizada que leva 10 anos tentando botarlle as zarpas ao tan apetitoso bocado do orzamento municipal. E depois a vivir, vivir sen traballar, se entende.
Pero con todo, o principal risco que debían encarar nesta misión suicida os tan sufridos operarios da PMO (Patrulla Municipal de Obras) non era o anterior. O drama que podía desencadearse en calqueira momento fatal proviña dun exaltado hipopótamo, boxeador de trifulcas políticas sucesorias na sede do PP local, que baixando a reboleóns obesos pola escaleiras da súa casa (mellor decir propiedade da súa muller), entre golpes de graxa rebosante contra as paredes do corredor, comenzara a evacuar a borbotóns os seus clásicos espumaraxos de odio e furia de fiera rabiosa e fracasada ante os sufridos e profesionais operarios do Servizo Municipal de Vías e Obras, que os castigara de forma inmisericorde e despiadada cos azotes da súa voceciña feminoide e aflautada, que os ameazara de xeito inclemente e feroz con novas e desquiciadas sentencias de demolición dun par de metros por lado da Carretera do Faro e de masacre forestal dos arboliños colindantes. Un espectáculo tan dantesco, para a vista, o oído, o gusto e os sentidos que faría tremer de congoxa ata os mesmísimos Héroes de Iwo-Jima.
Pero ¡ay, querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu! o tractor Kioti M39 municipal, extraído das máis esixentes factorías surcoreanas da industria pesada constitúe unha terrible e ameazante bestia de toneladas de aceiro ante a que se acongoxa o máis gallardo dos titáns, e sobre todo, dos hipopótamos. Especialmente se temos en conta que nese mesmo intre polas inmediacións non se atopaba ningunha das féminas do autodenominado Comité Local tras as faldas das cales o noso querido hipopótamo rabioso soe esconderse e na súa boca poñer todos os seus disparatados e archifanatizados esperpentos escritos (" As 30 preguntas de Fuman-Chú"). Por elo, mentras a empresa coreana (do sur) Kioti non sexa barrida da faz da terra por dous ou tres misiles atómicos dos seu letal e desquiciado veciño (do norte), mentras o seu monstruo de acero camariñán siga patrullando as rúas, reparcheando os socavóns dos vieiros municipais, os sufridos e valentes operarios da PMO non deben temer novas denuncias de veciños colindantes nin os ataques obesos de histéricos e choróns hipopótamos fracasados baixando a reboleóns polas escaleiras da casa propiedade da súa señora esposa.
Comentarios
Colaboraron na elaboración do cuestionario numerosos veciños e afectados, así como a colaboración especial dos seus compañeiros do Comité Local, Estrella, Dolores e Jose
VERGONZOSO DENIGRANTE ENFERMIZO IRREAL IRRACIONAL INCREIBLE INAUDITO
IMPENSABLE ,VAMOS A FACER UN PP COMO TEN QUE SER
Ser socialista é en primeiro lugar un sentimento profundo de recoñecemento dos demais. Saber que a liberdade está baleira de contidos sen os "outros", e que polo tanto é preferible repartir o que se ten entre todos, que non acaparar tesouros para vivir en soidade. Ser socialista é crer que non hai liberdade sen igualdade, e na miña opinión no século XXI é ademais apostar por unha sociedade sostible, que en troques de querer medrar permanentemente , pense moito máis en como quere vivir. Por iso, os socialistas temos un enorme reto por diante, para chegar aos demais,pero tamén para definirnos en moitas cuestións a nós mesmos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.