1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Corren días extranos, febriles, para o Madridismo. Días nos que se combinan as máis gloriosas xestas futbolísticas co linchamento xornalístico do seu adestrador: unha guerra civil larvada entre casillistas e mourinhistas propiciada e aumentada polo acoso e derribo do xornalismo patrio, e nos que incluso o gran templo dos madridistas na Costa da Morte, o sagrado Cafe Bar José Manuel, era víctima esta mesma semana dun segundo asalto por parte dos amigos do alleo en menos de dous anos e medio. Tempos turbulentos nos que como resposta aos embates inclementes e furibundos dunha prensa deportiva maiormente convertida en chusma furiosa, o antigo e milenario distrito camariñán de Mourín, en plena Buría profunda, quixo deixar claro o seu carácter de feudo, bastión inexpugnable do Mourinhismo amosando o seu apoio unánime ao entrenador do glorioso Real Madrid, José Mário dos Santos Mourinho Félix, aquel coñecido como José Mourinho, "The Special One".

E ante este xesto desinteresado, valente, dos veciños dun distrito antigo e milenario que optan por propia vontade e no medio da que está a caer na prensa deportiva por cambiar o nome do seu propio barrio (quen sabe si por un tempo, quen sabe si a perpetuidade) como xesto de apoio ao máis perseguido e lapidado dos entrenadores, un decide dar un paso ao frente e vencendo dúbidas e vacilacións entrar de xeito militante e convencido a formar parte das filas do Mourinhismo. Porque a verdade un non sabía que facer e para onde tirar: anda xa moi queimado e difícilmente podería soportar unha tomadura de pelo máis. Poñamos por caso que ese mesmo redactor que o presente subscribe atópase alén das fronteiras da patria, no extranxeiro (Portugal, tampouco vaian a pensar que se trataba dunha viaxe transcontinental), e recén chegado a unha medieval cidade universitaria, acompañado dunha xoven e fermosa moza, unha impoñente rubia de 1,80 de altura, en vez de fotografiar metódicamente o casco histórico ou adicarse a menesteres máis productivos e placenteros, o primeiro que se lle ocurre é percorrer frenéticamente a cidade en busca dun bar no que poder mirar un Zaragoza-Real Madrid perdido da vixésimo novena xornada de liga, un encontro tan intrascendente como pouco prometedor, cuns xogadores blancos abandoados á desgana máis absoluta e cun entrenador que en todo o partido non sae unha soa vez do banquiño e despois dun lamentable esperpento balompédico, ese mesmo redactor non pode evitar maldecir o seu ridículo forofismo e laiarse polo tempo perdido e a tomadura de pelo, unha máis, infrinxida. Pero claro, aos catro días esos mesmos xogadores e ese mesmo "The Special One" propínanlle sen despeinarse unha soberana paliza ao campeón turco e ahí estamos un ano máis en semifinais da Champions e ás portas da Décima, e volven unhas dúbidas finalmente sepultadas para sempre polo xesto conmovedor e desinteresado de todo un barrio camariñán que en bloque, en masa, como un só home sinala como culpables aos xogadores, en especial ao capitán Casillas, e brinda o seu apoio eterno ao home que non dubidou en meterlle o dedo no ollo a Tito ("Pitu") Vilanova para defender os intereses sacrosantos do Madridismo.

Pero si o redactor pensaba que despois do bochorno futbolístico contemplado lonxe do chan sagrado da Patria as cousas non podían ir máis mal, ao día seguinte constataba con estupor como aínda había madridistas que se atopaban en peor situación: o domingo 31 de marzo o Café Bar Jose Manuel sufría o segundo roubo da súa historia. Vaia dende aquí a nosa solidaridade e apoio inquebrantables ao gran santuario do Real Madrid na Costa da Morte, un templo polo demáis no que entre a súa sabia parroquia The Special One e a súa cohorte lusitana nunca gozaron no pasado de moita predilección que se diga. En todo caso e frente á dualidade Senado do José Manuel vs. Barrio de Mourín e para atallar dúbidas, antes que a manifestación convocada polas peñas madridistas, Mourín decidío dar un paso ao frente e deixou claro o seu apoio masivo e insobornable, incluso cambiando o seu nome, todo o cal nos leva a plantexar unha serie de plausibles escenarios futuros: no caso que o Madrid finalmente non consiga a tan ansiada Décima e todo se deba a un erro lamentable do sustituto de Casillas, Diego López ¿ten pensado xa José Mourinho acollerse ás alturas de Mourín como último refuxio? ¿Defenderán as pedras milenarias do máis antigo distrito camariñán a The Special One da oleada de ataques vengativos dunha prensa deportiva maiormente convertida en chusma furiosa? Unha vez retirado e abandoado ao cultivo dunha pequena hortiña en Mourín ¿atreverase Mourinho a facerse cargo da dirección deportiva dun vestiario tan problemático, cuaxado dunha constelación futbolística doutros tempos, como o do Real Madrid? ¿Neste caso será o vindeiro adestrador do Camelle de Veteranos? ¿Ou formará unha dupla balompédica invencible xunto á maior sabiduría futbolística da historia da Costa da Morte: general mánager dun Xaviña FC presidido por Isaac Caamaño? Todo pode ser querido accionariado independente e apolítico de Camarinas.eu nestes días estranos e febriles no que os máis impredecibles acontecementos poden desencadearse ou non dependendo dunha hipotética (e esperemos que finalmente inexistente) cantada de Diego López.

Comentarios   

O mellor adestrador
+4 # RE: Mourín con MourinhoO mellor adestrador 04/04/2013 21:39
É o mellor adestrador de todo o planeta,o que mellor coñece o futbol as súas técnicas o mais valorado o mais criticado o mais odiado o mais amado ¿que terá?o o sabe cunha soa palabra súa dá para comer a mil xornalistas,e si ponse bobo a todos os comentaristas de futbol do mundo,algo terá a auga cando a bendín
Denunciar ante o administrador
Faneca podre
+2 # RE: Mourín con MourinhoFaneca podre 05/04/2013 09:37
eche una faneca podre que non vale pa nada muita leria meu home si pajaran por falar el janaboa mas
Denunciar ante o administrador
Repoliño
+2 # RE: Mourín con MourinhoRepoliño 05/04/2013 14:45
el mejor equipo del mundo es el Real Madris y si por encima tiene un buen entrenador la decima,la decima
Denunciar ante o administrador
o inverno e largo
+2 # no romper no hai gananciao inverno e largo 05/04/2013 15:33
Non son docto en leis, nin tampouco en persoas, as miñas calidades bordean o normal,á min non me gusta o sitio onde se poñía o tanatorio ,é mais eu particularmente son partidario de si hai un particular que o queira facer, pois via ancha, en Vimianzo teñen dous privados e non pasa nada,pero unha vez empezado algo son dos que sofre por todo o que esta pasando ,non me alegro nin me rio, iso non e de boa xente
Denunciar ante o administrador
PORTOCAMARIÑAN
+3 # o anteriorPORTOCAMARIÑAN 05/04/2013 16:22
O pobo de Camariñas xa che quere vivir en paz non queremos estar todos os días con si problemas coa feira si problemas co plan xeral,todo son problemas e a verdade que xa é cansino,agora tócanos o tanatorio,eu son partidario de que sexa municipal,pero entendo as ideas de todo o mundo,o que non comprendo é o estar sempre dividindo aos pobos
Denunciar ante o administrador
camarinana
+1 # Mourin con Mourinhocamarinana 05/04/2013 16:57
Que e esto...desde cando eso e apoyar, eso chamase VANDELISMO e punto.
A quen lle importa o que fai mourinho, a xenta matase coma quen que eles son os que cobran millonadas pero a realidade e que eles son os que tenen cartos coma area. O unico que vou decir e que o pobo de mourin leva anos esperando que lle metan a sinal e aora venen uns tontos por ahi a baixo e fan eso. se foran traballar outra cousa seria.
Denunciar ante o administrador
Hai pincha uvas
+3 # Sr camarinanaHai pincha uvas 05/04/2013 18:03
Unha falta de educación total ao pobo de Mourin que polo nome debe de ser da invasión árabe ,pois será polos mouros e mouros aínda hai moitos,nada que lle limpen o sinal a esta señora por orde gubernativa
Denunciar ante o administrador
MOURINHO FORA
+2 # RE: Mourín con MourinhoMOURINHO FORA 05/04/2013 18:14
QUE VAIA PA INCALATERRA ACO NON FAI NADA ,NO CAMPO DAS HIRMAS PATIÑO NO NO QUEREMOS ELA A RASCAR AS PELOTAS DE FUBOL A OUTRO LADO
Denunciar ante o administrador
UN BARRIGUDO
+2 # RE: Mourín con MourinhoUN BARRIGUDO 05/04/2013 18:28
Vos sabedes o que vale pintar esa siñal polo menos dous chocolates con churros que non jodan,que asin non como os churros nin os chocolates
Denunciar ante o administrador
camarinana
+2 # mourin con mourinhocamarinana 05/04/2013 18:44
mouros como dis ti habera, pero non en buria.
Denunciar ante o administrador
Hay pincha uvas
+2 # a camarinana sin ñHay pincha uvas 05/04/2013 19:04
eu dijoe polo nombe da poblasion,eu non sei nada ajora Mourin,tirame a mouradas pero non me quero meter con ninjen,aqui e pasalo ven non lle parece camariñana e logo o seu teclado xa non ten a Ñ
Denunciar ante o administrador
en Mourin
+2 # non hai campo de futbolen Mourin 05/04/2013 23:45
Pero que pinta o nome de Mourinho nese indicador,non seria para indicarlle a tal individuo que tiña que ir por alí,eu non entendo o que pasa neste pobo ,hai que facerlle unha festa grande aos de Mourin por esta falta
Denunciar ante o administrador
xa temos culpables
+2 # RE: Mourín con Mourinhoxa temos culpables 06/04/2013 00:32
Os da jerra da independensia eso temos que ir a prejuntarllo a Rafael a Ponte pois el esta moi instruido nas jerra e si son napoleonicas moito mellor non se apene camarinana que eses van presos si travallan os da policia local
Denunciar ante o administrador
un de BURIA
+2 # RE: Mourín con Mourinhoun de BURIA 06/04/2013 20:06
o que temod que dicir e que iso non se fai,todo o demais son contos e digolle a algun que si o quere pasar ven que vaia o mar con una cana de pescar
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.