4.3384615384615 1 1 1 1 1 Rating 4.34 (195 Votes)
Corrían os últimos anos da década dos sesenta cando, recén construido nos astilleiros de Telleira (Cabana), chegou a Camariñas un barco que non tardaría moito tempo en facer historia, un barco de formas suaves e delicadas, cunha ponte situada na proa da nave, rompendo así co canon establecido ata entón, deixando desta forma máis espazo de carga na parte traseira, un barco que creou escuela tal e como se pode comprobar hoxe en día nun dos portos máis importantes da Costa da Morte, o de Camariñas, con embarcacións que seguen o exemplo do Lubina coma o Manuel de Lin, o Muro de Fontán, o Siro Segundo...

Aos mandos do Lubina estaba un armador e patrón dos vellos tempos, o mítico Manuel Campaña Martínez "Perrúa", grande home e mariñeiro, tristemente xa falecido, que deixou tras de sí unha estela de bravos mariñeiros coma seus fillos Pepe e Manolo, continuando agora con honra e traballo a tradición da familia Campaña os seus netos, os irmáns Yoyo e Javi, así como tamén os seus primos Janito, Adrián e Manuel. Algúns dos cales xa traballaran no Lubina durante os máis de vinte anos que esta embarcación estivera a carrexar constantemente sardiña cara ó noso porto, ata que un día a finais dos oitenta cando se convertira nunha vella pero fermosa dama, e xa fora superada por outras embarcacións máis modernas, rápidas e potentes marchou cara o porto de Malpica.

Coas suaves formas lánguidas dunha muller fermosa, Lubina, vella nave, despois de tantos anos, verche aínda que sexa nunha allada fotografía de cor sepia segue sendo un luxo para os ollos. Lubina, ti sempre surcarás os mares da miña memoria.

Image

 

Comentarios   

gancho loco
+1 # Xa choveu...gancho loco 04/01/2008 22:41
Pois sí, xa choveu de carallo dende aquela, jejeje, pero eu acórdome moi ben de cado aquel "barcallán" chegóu a Camariñas e quedamos todolos rapaces embobados do bonitiño que era e do que andaba. Ibamos todos los días po la tarde a o sair da escola a ver o "trinchón" que daban todolos barcos a o sair po la ría cando enganchaban a "lancha" que levaban de remorque. ¡Qué tempos!
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
+2 # xa choveu.....currodetras 05/01/2008 22:06
si señor,que bonito e que grande se nos presentou o primer dia,era un orgullo po pueblo ver aquel barco no muelle,o barco de "perrua".
Logo tamen me acordo do "escalador",a millor tripulasion do pueblo,xojando o FUTBOL
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
-1 # eu a cordome mui poucojesus 08/01/2008 21:14
eu a cordome mui pouco dse barco pero a cordome era un dos millores barcos que avia en camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
+1 # O LUBINAcorvo 09/01/2008 18:05
eu acordome moi ben do Lubina e podo decir que era un bo barco con un bon patron ( sr, perrua )
Responder | Denunciar ante o administrador
pelos
+1 # QUE JOYApelos 18/01/2008 15:58
A min gustariame a ver nacido para velo pero xa non estaba en camariñas que pena
Responder | Denunciar ante o administrador