1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Patrulla Municpal de Obras cumprindo co seu traballo calado pero eficazHai xa uns anos, unha prestixiosa revista norteamericana especializada en temas bélicos elexío aos que consideraba os dez mellores mandos militares da historia. Entre eles decidíose incluir a dous españoles: os extremeños Hernán Cortés e Francisco Pizarro, conquistadores respectivos de México e Perú. Xa con anterioridade a este recoñecemento provinte dos maiores expertos militares estadounidenses, o Concello de Camariñas decidío honrar cunha rúa ao héroe que cun puñado de homes e uns poucos cabalos, a sangue e fogo, mediante un golpe de man intrépido e decidido conquistaba o Imperio Inca. Dende entón, a rúa languidecío nun medio abandono neglixente ata que na estela de despilfarro económico que seguío á Catástrofe do Prestige restaurouse o seu firme para voltar á situación de partida, esto é, un deixarse ir administrativo que ninguneaba a memoria dunha das máis grandes glorias patrias de tódolos tempos.

Por elo, era cuestión de tempo que dende o Concello se puxeran man á obra para tratar de reparar o que constituía a todas luces unha inxusticia histórica e así esta semana pasada a Patrulla Municipal de Obras (PMO) irrumpía nesta céntrica arteria viaria do rueiro camariñán para repoñer un firme necesitado dun serio acicalamento. Constituido éste último por un enxambre compacto de adoquíns que vai dende o histórico Bar Jose Manuel ata a tenda de Ricardo Más, surxira entre as xunturas do mesmo unha tupida e frondosa masa forestal de malas herbas que foi aniquilada de raíz polos esforzados operarios municipais. Ademáis, para evitar no futuro novos resembrados procedíose a verter unha capa de cemento entre os adoquíns para que non volten crecer as herbas nin se depositen terra nin suciedade entre os mesmos.

Derrochados sen compasión os cartos públicos durante as épocas de esplendor, roubados ata a saciedade polos políticos os haberes públicos, pagados ás empresas de construcción sobreprecios por enriba do 20% para que esta mordida retornase aos partidos en forma de financiación ilegal, ao final resultou, como non podía ser doutra maneira, non haber un peso para novas obras públicas. E así, durante un tempo que se preveé longo, ata que os tetos volten a fluir abundantes e cremosos, listos para ser exprimidos de novo polos mesmos de sempre, haberá que contentarse con obriñas menores de reposición e rehabilitación como a que ilustra a presente noticia: investimentos de medio pelo. O cal, ao ver a situación presente de latrocinio indiscriminado e impune, tan extendida e xeralizada entre os Pais da Patria, seguramente levaría a tristes e amargas conclusións a Francisco de Pizarro, o dono dunha rúa no centro da mesmísima Camariñas, que non podería evitar pensar algo parecido a "conquistei para o meu país a metade do mundo, todo un Imperio cos seus reies, palacios, millóns de súbditos e riquezas, enviei ca mellor vontade un sinnúmero de galeóns repletos de ouro, plata, diamantes, cara a España, ¿onde se invertío toda aquela inconmensurable fortuna? ¿que quedou do maior tesouro que viron os séculos? Nada, absolutamente nada, roubado ata o último dos seus céntimos polos mesmos de sempre". Tal agora que hai xa cáseque cincocentos anos.



Comentarios   

Beldoña
+7 # Coiden o meu rueiro, por favor.Beldoña 11/02/2013 10:56
A MIÑA CASIÑA
Ó subir pola do Medio,
e, a de Corral, ó pasar,
alí está a rúa Pizarro,
alí comezou meu cantar.
Alí as miñas lembranzas
vividas no meu lugar,
soñando volver con elas,
soñando con retornar.
A brancura da casiña
e mailas fervenzas do mar,
fanme chorar cando penso
no meu rueiro, no meu fogar.
Laiando fun pola vida,
cantando fun polo mar;
areas da miña vila
marcaron o meu pisar.
Canto mais lonxe pisaba,
mais me poñía a chorar,
e, o entrar polas Carballas,
rexurdía o meu cantar.
Cantaban comigo as fontes
e as neniñas ó falar,
cantaban os paxariños,
e, bruando, cantaba o mar.
O balcón da miña casa
e os xeranios da miña nai,
polo miudiño cantaban
ó ver pasar ao meu pai.
Todos engadían algo,
todos querían cantar,
un remuíño envolvente
buligaba por meu fogar.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
Javier Taboada
+3 # RE: Rehabilitación da Rúa PizarroJavier Taboada 11/02/2013 13:38
Me parece que la empezaron mal pues ahí pone la señal de dirección prohibida, tenían que haberla empezado al revés,una multa al ayuntamiento,to dos somos iguales ante la ley y la maquinaria no puede ir en dirección prohibida,ojala se pueda arreglar todo lo que hace falta pero ya estamos viendo que los cuartos van a ir a menos
Denunciar ante o administrador
Unha multa
0 # o da carretaUnha multa 11/02/2013 17:40
Por encima de tar travallando einda nos metemos con el ,non faga caso señopr que eiqui hai moito comediante ,e non se perocupe que falo eu co alcalñde (trafico de influencias) e sacasmoslle a multa
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.