4.3636363636364 1 1 1 1 1 Rating 4.36 (33 Votes)

A papeleira Taller finalmente sobrevive ao brutal ataque de violencia sexista deste domingo pasado.

Mentras se recupera, o muxeriego Taller estao a pasar pero que moi ben con estas dúas odaliscas
Mentras se recupera, o muxeriego Taller estao a pasar pero que moi ben con estas dúas odaliscas

Nesta ocasión pensabamos que por fin lle chegara o seu final... pero "mala hierba nunca muere". Segundo informacións de última hora ás que tivo acceso camarinas.eu, a noticia dada nun primeiro momento sobre a morte e axustizamento do receptáculo de residuos sólidos orgánicos e inorgánicos máis famoso de España, Taller, era errónea, e éste recupérase nunha clínica privada suiza das feridas causadas nun ataque de celos por unha fermosa muller abandonada por él este fin de semana.

Ao parecer o motivo detonante do abandono do fogar conxugal por parte do sempre muxeriego Taller foi a intención deste de acudir á Cea Oficial Fin de Ano de Camarinas.eu cunhas moi lúbricas e libidinosas intencións. Dado por morto nun primeiro momento tralo intento de axutizamento punitivo, Taller sobrevivío e foi evacuado de urxencia a unha clínica privada dos Alpes suizos só apta para persoas de alto nivel adquisitivo, onde se recupera acompañado e consolado nas súas penas amorosas por dúas fermosas e sexys enfermeiras: a xaponesa Matsuko e a sueca Sandy, e ata tal punto asegura que estará presente na cena que a súa man dereita non solta a entrada.

Finalmente para rematar, camarinas.eu alédase que todo acabara nunha leve disputa amorosa sen maiores consecuencias que a mutilación e chamuscamiento de Taller, e esixe enérxicamente ás autoridades competentes a adopción das medidas máis contundentes previstas na Lei contra a violencia de xénero para poñer a bo recaudo a esta amante despechada. En fin, vai ter razón Pepewells: "Taller é inmortal".

Engadir un comentario