- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Febreiro 2013 01 Febreiro 2013

Con todo, empezáronse a desbotar hipóteses: o ex secretario non podía ser, ese mesmo día fora visto vendendo biblias, ou enciclopedias, ou fume (o máis probable) polas portas das casas; o que fora o seu antigo Señor nunha relación amo-esclavo, finalmente tan mal avenida, recén nomeado Maxestade Ilustrísima Señor Embaixador na República dos Alpes Austríacos probábase novos entorchados e colgábase flamantes medallas nas esqueléticas e depauperadas pecheras e afinaba no seu desquiciado maxín novos procesos de asalto ao Club Náutico; Bárcenas e Rajoy, na mellor tradición política española, poñían en marcha potentes campañas mediáticas de refluxo, xogaban a deixar pasar o tempo, esperar a que escampase e aquí paz e despois gloria. E así, por descartes resultou ser que o corpo decapitado era o dunha probe tartaruguiña, probablemente antiga afiliada do Partido Popular, que ante o espectáculo dantesco dos nosos días preferío tirarse contra as pedras do Trece e quedar sin cabeza.
Aínda así, a imaxe non podía ser máis reveladora e levaba a tristes conclusións, ás de un país devastado, asolado, aniquilado pola corrupción galopante dos seus políticos. A imaxe da gran república bananera de Europa. Aquel país onde a xente ten que desvivirse a traballar para manter o maior conglomerado político do mundo occidental, que ademáis, resultou ser o máis corrupto. E, nembargantes o mellor espello de todo que pasaba nas altas esferas da nación, dende a súa gobernatura ata o derradeiro dos ministerios, tivémolo aquí en Camariñas ao longo dun ano pródigo en escándalos. Despois de todos os lamentables e esperpénticos espectáculos perpetrados dende hai máis de doce meses polos dirixentes do PP no Concello de Camariñas, aos que dende a Dirección Provincial non se lles puxo o máis mínimo coto nin límite, agora un se explica que dirixentes nacionais de partidos políticos, ministros, ex ministros, ex vicepresidentes, Presidentes de Comunidades Autónomas e ata todo un Presidente de Goberno do Reino de España aparezcan como beneficiarios en libretas de pagos negros. ¿Como ían a meter man no que pasaba en Camariñas cando o mesmo acontecía nas máis altas esferas populares centuplicado por 15.000,00 veces de razóns ao mes? Así fui: todo un ano de vergonzosos espectáculos navieros, de asaltos a negocios particulares, de intentos de agresión, de tentativas violentas de sustracción de información privilexiada, de impagos a traballadores e máis pufos, de chantaxes e ameazas, de okupacións ilegais bochornosas e desvergonzadas, de asambleas ilegais, de comités locais, de condenas xudiciais por alzamentos de bens, de utilización de posicións privilexiadas no mundo da política para tentar pechar asociacións independentes, de soldos como asesores en deputacións provinciais, etc... Eso a nómina de "escándalos A", aqueles que aconteceron á luz pública e escandalizaron a todo un concello críamos que xa curado de espantos. A saber cales eran os episodios da nómina de "escándalos B", aqueles que escaparon ao escrutinio da cidadanía e só coñecen os seus protagonistas...
Camariñas como pequeno síntoma dos males que pudrían dende a raíz a un país. Tristes pero sabios destinos os dunha tartaruga española dos días iniciáticos do corrupto Ano do Noso Señor de 2013. Ante o país que lle tocou vivir en vez de agachar a súa cabeza, preferío quedar sin ela. Arroxándose suicida contra as rochas de Reira.
Comentarios
Xa todo vale, con tal de levar fumeando catro rodas, catro perrachicas timbrando no peto, catro medallas tintinando polo peito sen rostro, e un estandarte ondeando no lixo da tumba cheirenta que agarda.
Ata aos mesmos animaliños perden o seu sentido, ó ver que van morrer no mundo en que viviron.
Antonio Puertas
Un saludo
Antonio Puertas
Mentras se siga presumindo de pais e mirando de soslayo aos problemas que nos antañen dificil solucion se pode acadar.
Saudos
El pueblo empieza a ganar
pues bien ahora ya hay españoles emigrando otra vez a sudamerica
un vello e mais unha vella,ai,fixero n unha trasnada
empezaron a brincare,ai,e quedaron na estacada
empezaron a brincare,ai,e quedaron na estacada
Se pone la piel de gallina al tener que leer esto,
unos padres despidiendo a un hijo que marchaba para las AMERICAS
Ha dicho la presidenta del PP de Madrid.
Las noticias llegaran A Coruña antes de este sábado o vendrán los peregrinos del Camino de Santiago con sus pasos empujándola para aquí,espero que llegue antes del sábado,avanzamo s y correremos mas cada uno desde su plataforma,la democracia es otra cosa.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.