Un convoi de ata 15 camións enterran escombro nas inmediacións do muelle novo

Aniquilada maiormente La Liga de las Sombras nas súas dúas vertientes, a chiquitero-naviera e a esquizofrénica hipopotoide, vencedora, a diferencia da antiga Xermania, dunha longa e extenuante guerra en dous frentes, Camarinas.eu decide, derrotada a ameaza plaxiadora-pufista-okupa-prejeseira-aproveitada que se cernía sobre Camariñas, emprender camiños novos, inexploradas sendas de futuro. Deixados atrás dous derrotados guiñapos inservibles, dúas piltrafas políticas que xa nin para escombro valen, a web máis seguida da historia da Costa da Morte dende a súa neutralidade histórica (unha Helvetia informativa) asume con responsabilidade a encomenda de ser o único medio de comunicación centrado en dar noticias dirixidas a todos os nosos conveciños independentemente das súas idea políticas e tende a man a cidadáns, partidos e asociacións (primeiro os cidadáns, claro) do concello para que teñan un medio onde publicar as súas notas e queixas e que éstas cheguen a onde teñan que chegar.

E decidimos comenzar co que non podemos de deixar de calificar como un timo. O meirande da historia deste Concello. Un engano auditado en 11.000.000 de euros, en realidade menos se descontamos os gastos do recheo do Muelle Novo. O seu protagonista a estas mesmas horas estará cómoda e sólidamente sentado nun confortable sillón da Deputación Provincial e se non fora pola lei antitabaco seguro que aínda se estaba fumando un bo puro. ¡Ay o Programa Camariñas Século XXI que finalmente se acabou levando o ululante e despiadado vento electoral!. Indicativo de como andan as cousas no plano político desta esquilmada e aniquilada España é que un tío que se adicou a vender enganos en todos e cada un dos portos da Comunidade Autónoma Galega, un tipo que por ser nin sequera é galego, como bo profesional da política sen recibir nunca un voto desempeñe un cargo de alta responsabilidade, con suculento soldo e dispoña alegremente dos haberes públicos. Tal vez todo se reduzca a que neste país hai tempo que se perdío o respeto aos contribuintes. Ou que tal vez xa nunca o houbera. Ou incluso que éstes, dentro da súa mentalidade seguidista e borreguil, non o merezcan.

Unha vez centrados no tema, sen ganas xa de divagar máis nin (sobre todo) perder o noso tempo falando das inevitables e tan numerosas sanguixuelas da política, esos parásitos que nos succionan ata a derradeira gota da nosa sangue, que nos chupan ata a máis salada pizca dos nosos suores, imos ca noticia en cuestión: a do que parece o aceleramento definitivo da construcción da carga de atraque do Muelle Novo. Postos a fala co numeroso continxente de camioneiros que estes días invaden Camariñas, un convoi mecanizado que xa quixera para os seus films o alcoholizado e finiquitado Sam Peckimpah, soubemos que ata 15 son os camións que traen escombro durante todo o día cun ritmo frenético dende unha canteira de Santa Comba ata Camariñas, que a este ritmo en dúas ou tres semanas a obra estará lista. Ahí andan enterrando en pleno porto atlántico un pequeno anaco da alma do Tambre. E ahí acabará posiblemente todo o gran proxecto de Álvarez-Campana (que non Campaña, desgraciadamente) para Camariñas.

Engadir un comentario