1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As butacas do palco do Cine de Abaixo ainda se conservanHai agora un programa nun destes canales de documentais no que dous tipos percorren Estados Unidos de arriba a abaixo comprando chatarra de todo tipo para despois, unha vez convenientemente restaurada, vendela a precios desorbitados. A vista dos precedentes se por unha causalidade dos destino decidiran achegarse polo antigamente denominado Cine Rialto, o popularmente coñecido durante décadas como "Cine de abaixo" entón si que se ían a facer millonarios. Porque o noso querido amigo e auténtico Presidente fundador do FC Camariñas Vicente Carril decidío poñer á venta o que foi o proxector cinematográfico máis prolífico da historia fílmica da Costa da Morte.

Orixinariamente comprado durante o boom do cine popular en Camariñas, aqueles anos 70 no que os complexos cinematográficos de Corea e do Campo competían entre si e atrían cara a Camariñas a centos de visitantes durante os seus prolíficos fins de semana, sería tal vez imposible enumerar a cantidade de bobinas que este proxecto veu deslizarse polas súas entrañas. Unha auténtica xoia para coleccionistas, que se atopaba en moi bo estado, apta tras un par de arranxos para seguir proxectando a maxia do cine cara os ollos de calqueira amante do séptimo arte.

Vaqueiros contra indios, Cantinflas, Charlot, kárates a morte en Hong Kong e en Torremolinos tamén, sanguentas fazañas bélicas.... contempladas dende unhas butacas que aínda conserva o gran Patriarca futbolístico da Costa da Morte no piso superior do seu cinematógrafo e que saían disparados todos eles a 24 fotogramas por segundo a través dun proxector que se poñe á venta.Tal vez o seu mellor compañeiro nunha hipotética transacción comercial sería unha das butacas conservadas, dende a que debidamente restaurada, voltar por uns intres, hora e media de metraxe cinematográfico, a aquelas épocas nas que o Cine era o rei en Camariñas.

Comentarios   

trancha
+3 # O CINEtrancha 21/01/2013 13:14
O millor esto pode interesar a algun do PP,cine facer fano a diario e o millor deixanllo arreglado,todo o que se poda aforrar e bo e mais en temmpo de crisis,penso que cas peliculas que fan non teran problemas en facelo funcionar e si se estropea os rulos sirven para dar vostas o desayuno para que non se pege no fondo,cada quen que desayune o que queira ,eu suelo tomar colacao outros kellogs e alguns chocolatiño quente.Ala a falar con con con con Vicente que o millor o precio interesa.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+7 # RE: Véndese o proxector Cine do CampoBeldoña 21/01/2013 14:56
Un agarimoso recordo mais, que queda nas sombras da miña nenez.


O CARUNCHO

...Os laboratorios, estaban a pagar mais por cen gramos daquela medicina sen elaborar, que a Casa da Moeda, por un quilo de puro ouro do banco de España. A súa cotización en Bolsa, houbera sido a panacea da nosa vindeira prosperidade.Ta n só uns gramos de nada, e, xa podías mercar ao contado, as entradas po cine Rialto. Xurxo Negrete, Pedro Infante ...e outros dous...,eran a nosa paixón.

Mercadas xa as entradas que, na revenda, adquirían valores impensables hoxe en día, o galiñeiro e as butacas, a duras penas soportaban aquela marea humana que se estaba a apiñar no interior da sala. A algarabía e os empurróns dos fans, impedían escoitar con atención a verdadeira trama da proxección, que, por outra banda, pouco ou nada importaba, xa que as puñadas, e as balas perdidas daqueles intrépidos mexicanos, estaban a causar un gran impacto nun público entregado, e que o facían participar naquelas outras acaloradas contendas.

A lanterna do moderador, sen apenas pilas, non tiña paraxe; enfocaba d´aquí pali, intentando identificar aos rompentes de cadeixas. As cotenadas por alto, nada importaban; e, daquel home, apoderábase un nerviosismo comprensible, ó tratar de salvar uns mobles tan custosos naqueles tempos.
Acababa, pois, botando a media sala de “ patítas a la rúa “ mentres marcaba coa luz da lanterna á plebe alborotadora que debería abandonar, sen reclamación posible, o “ saloom :" (Da...da...daqu i, pa.., pa …tras,...to...t o...todos pa fora, a ti..ti…tirar tiros a praia").

E todo con razón; non había dereito a deixar aquelo en semellante estado de destrución. Fora, agardaban outros a que todo isto acontecera. Sabedores como estaban por adiantado, por experiencia propia, o que, inevitablemente , ía acontecer pa, de seguido, poder entrar eles de novo, "sivilisadament e" e ocupar os postos "deixados" polos seus antecesores de bancada.

As sesións repetíanse unha e outra vez, ata chegar a fumear a cámara.
O NODO, salteábase a miúdo, pois era o que menos interesaba.

Acabadas aquelas películas tan bonitas, o pobo enteiro desfilaba por todo ó largo do dique, con cantareas do "México lindo y querido"...(e, se non,...¿ de onde pensades vos que saíu aquela voz maxistral do noso querido TOTIS...,?… por exemplo )
Polo contrario, as forzas do orde non tiñan paraxe...,corrí an dunha extrema a outra da vila, e os vinte e tantos números acuartelados en Camariñas, a ollos vista, non eran abondo pa conter ás masas enaltecidas "liberadoras do mal" , que a gran pantalla lles tiña contaxiado momentos antes.
l
O caruncho, amigos meus, fora a droga san dos nosos tempos. Tempos pasados que tanto nos teñen que ensinar.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Algunos del PP
+2 # RE: Véndese o proxector Cine do CampoAlgunos del PP 21/01/2013 15:01
Es lo que hacen comedia titiritadas bobadas mediocricidad,s on payasos de la vida que no saben el lugar que ocupan,si se dedicaran a hacer una prensa seri seria lo mejor pero tienen razon cuando dicen que no se puede servir a dos dioses,respeto al cine decir que lo tengo pasado muy bien con aquellos indios o aquellos besos que el choco le daba a la chica y ella perdia el sentido,ahora no pierden nada
Responder | Denunciar ante o administrador
peliculas de verdad
+3 # la vida siguepeliculas de verdad 21/01/2013 15:14
CUIDADO,CUIDADO ,sera malo mira que traidor,CORRE QUE CHE COLLEN,miña pobriña o quelle fiso,dalle dalle ,eiche ven eiche ven,o chico o chico vai salvar a noiva,mira que son malos ,TRAMPOSOS,CAST RONS,menos mal que al final el caballo del chico era muy bueno y la bala se la sacaba la chica y se enamoraban y cada puñetazo que daba el chico retumbaba la sala,pero no os creais que las mujeres quedaban atras y cuando eran peliculas de llorar las mujeres y algun hombre salian llorando
Responder | Denunciar ante o administrador
OS DA PONTE
+4 # RE: Véndese o proxector Cine do CampoOS DA PONTE 21/01/2013 19:42
Ibamos a veces con carlitos outra con gonzalo en unha furgoneta entravamos ata 20 ou mais e despos a volta recordando a pelicula viejos recuerdos que se van,asi e a vida de novos queremos apurala pra chegar a ser homes e de repente encontramos con unha xesta de anos
Responder | Denunciar ante o administrador
Sara Montiel
+2 # RE: Véndese o proxector Cine do CampoSara Montiel 21/01/2013 20:00
Y ven y ven y ven chiquillo vente conmigo....SARI TISIMA,esas si que eran peliculas de 4 estrellas,nada que ver con las de hoy en dia ,aquellos labios rojos,aquella mirada,la cintura,y las piernas.....No quiero para pegarte mi vida ya sabes pa lo que digo,JAMAS TENDREMOS OTRA IGUAL.
Responder | Denunciar ante o administrador
200.000 indios
+1 # RE: Véndese o proxector Cine do Campo200.000 indios 21/01/2013 20:08
uuuuu FLECHAS TIROS cuatro vaqueros y dos caballos no podían marchar estaban rodeados los vaqueros disparaban sin cesar los indios no dejaban de caer muertos,pero nunca moría un caballo y luego al final cuando preguntaban cuantas balas te quedan a mi cinco y a ti seis
pues hay que apuntar bien y seguían disparando cien balas y cuando ya estaban que no podían mas después de haberse muerto el feo que siempre moría pues sonaba la trompeta ttatatatatatri y los indios marchaban el chico besaba a la novia ,pobres indios y nosotros BIIIEEEEEENNNNN N
Responder | Denunciar ante o administrador
ANONIMO DIEGO
0 # RE: Véndese o proxector Cine do CampoANONIMO DIEGO 21/01/2013 20:14
aquelas peliculas de Sofia Loren que acababan conmijo,vou bo cantos disparos lle tirei ai miña Sofia que boa tabas,poñiasme coma un can adovesido,pero daquela tiña manivela pra todo,non queira dios que a collera diante miña que non deisaba nada dela buuf que desjrasia soñar tanto con unha muller e nunca ....mimadriña einda ose lle daba unhas voltas einda que a miña muller se enterara,bo os contos non enchen parrulos mentereiros e vos que non fasiades ijual jajajaj sa vin a uns cantos no sine dalle que dalle e calade que vos descubro
Responder | Denunciar ante o administrador
que pasa
+2 # RE: Véndese o proxector Cine do Campoque pasa 22/01/2013 17:12
que ta a pasar,tan quedando sin misiles,meus jalanos ose una confrontasion sin misiles non e muito conto sa non falan ni do tanatorio nin do plan nada que non saben nada,meus pobres ,pero os concejales tan unidos muy unidos quen queren que marche e un calquera pa que entre outra persona,e querenno aburrir ,meus pobres ,veña a traballar,tampo uco sei si e que tan inbernando
Responder | Denunciar ante o administrador