- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Xaneiro 2013 16 Xaneiro 2013
Os que estivemos alí, lembramos a Catástrofe do Prestige como un fronte de guerra. Camións do exército estacionados nas cunetas dos camiños, batallóns de soldados pala ao hombre diríxíndose á batalla contra o enemigo, lexións brancas de voluntarios, alegres e ilusionadas, destinadas a completar o operativo militar, todo elo nunha eterna paisaxe gris de días de temporal, fríos, humidades, terras embarradas e praias enchapapotadas. Eran outras épocas, na prehistoria da revolución informática, e os redactores que o presenten susbscriben estiveron alí e nin unha foto das súas xornadas voluntarias, da súa loita extrema e fatigosa contra o chapapote, quedou para o recordo.
Fui por elo que agora que se cumpría o décimo aniversario do tráxico falecemento de Manfred Gnadinguer, e das xornadas de homenaxe ao Voluntariado que dende toda España acudío en masa ao Concello de Camariñas na loita contra o chapapote, datas lembradas conxuntamente o 28 de decembro de tódolos anos, caeron nas nosas mans unhas cantas imaxes do acontecido naqueles cruciales días nas praias e coídos do noso concello. Nelas entre o conglomerado de heroes do Prestige pode verse en dúas imaxes a un Pichurri que aínda estaba lonxe de acadar a alcaldía por amplísima maioría en 2007 e voltar a revalidala no 2011. Unhas imaxes, de loita contra as desfeitas provocadas pola neglixencia humana, cáseque calcadas ás que veríamos oito anos despois nos montes de Xaviña no combate contra un devastador incendio, xusto ás mesmas horas nas que algúns que outros representantes do pobo andaban pode decirse que a tombo libre polos locales hosteleros de Buría, como ben lembraran as testemuñas presentes.
Unhas imaxes en definitiva idóneas para evocar a epopeia protagonizada polos sinxelos cidadáns anónimos deste país que aínda se denomina España, que deixados da man, abandoados á súa sorte polos poderes públicos, por eses mesmos políticos protagonistas da catástrofe, foron quen coa súa coraxe e iniciativa poñer fin a labor destructora duns pequenos fiíños que nembargantes cáseque levan a morte a toda a costa galega. Alí entre eles, quen sabe se nestas mesmas imaxes perdidos entre o humilde e traballador pobo español, os redactores que o presenten subscriben.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.