1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As cinzas de Man, o Alemán de Camelle foron depositadas na que foi a súa casa

No décimo aniversario da súa morte, non puido haber mellor homenaxe para o Alemán de Camelle que a realizada polo Concello de Camariñas. Un amplio e acertado programa de actividades que encheron todo o fin de semana e que comenzaba cara ás 20:00 horas do venres 28 cando no medio dunha amplia expectación chegaban as cenizas de Manfred Gnädinger á humilde morada de artista na que elucubrou unha obra única. Unha amplia representación oficial conformada por parte do Concello polo seu Alcalde Pichurri, Merce, Mari Carmen, Sergio e Sandra e polo do PP pola súa concelleira Pilar como única representación, acompañaban aos restos do héroe camellán.

Portadas polo sobriño de Man, Clemens Gnädinger xunto ao Alcalde as cenizas de Man emprendían unha primeira viaxe ata a Casa de Cultura de Camelle. Alí léronse escritos por parte de Mercedes, o escritor e investigador de naufraxios Fernando Patricio Cortizo, así como a que fora a mellor amiga de Man en vida, Concepción Regueira "Chita", que recitaba un emocionado poema que disparaba as emocións dos presentes, e finalmente unhas palabras de Clemens Gnädinger. Pechaba o acto no gran edificio camellán a  interpretación de dúas cancións a cargo do o Coro municipal de Mulleres.

A continuación tiña lugar o prato forte do evento: o traslado simbólico das cenizas ao Museo do Alemán, á que será a súa morada eterna, sendo depositadas de forma simbólica por Pichurri e Clemens Gnädinger. Importante sinalar a presencia masiva de veciños de Camelle, pero tamén de sinalados persoeiros como os directores do documental sobre Man aparecido na TVG ou o xornalista de La Voz de Galicia Ameixeiras, gran amigo en vida de Manfred Gnädinger e habitual das homenaxes que periodicamente teñen lugar no seu honor. Finalizaban os actos previstos para o venres ca preparación por parte dos voluntarios do material da  exposición actualmente aberta na Casa de Cultura de Camelle.

Continuaron os actos na xornada do sábado pero xa centrados no voluntariado que enchío as nosas costas dunha marea blanca nos días aciagos da Catástrofe do Prestige. Primeiro co descubrimento ás portas da Casa de Pedra por parte de Pichurri dunha placas con aqueles lugares onde os voluntarios exerceron a súa desinteresada labor benefactora, momento no que lembrou o importante esforzo e traballo desenrolado naquel momento dende o equipo de goberno municipal por dous homes clave: un xa retirado, o ex alcalde Bautista Santos Ramos; outro, lamentablemente falecido, Jesús Antonio Alonso Ballester. Importante e acertado detalle de Pichurri o de recoñecer e facer xusticia a estes dous grandes camariñáns. Como anécdota sinalar que a placa conmemorativa está dotada dun código BIDI dende o se que pode descargar a lista dos voluntarios.

No interior do edificio arrancaba unha exposición de cuadros da pintora burgalesa Rosario Palacios Orive así como dunha importante colección de obras enviadas polo Goberno das Illas Baleares. Foi nesta sala de exposicións onde o Coro Municipal de Mulleres interpretaba unha das mellores versións nunca escoitadas da inmortal canción escrita polo mestre de xornalistas Xosé Luis Blanco Campaña na que lembra a maior das catástrofes mariñas da historia da Costa da Morte.

Un conxunto de actos no que cómpre recalcar a presencia da Axencia EFE que entrevistaba ao alcade camariñán Pichurri, da Vicepresidenta Segunda do Parlamento de Galicia, Marisol Soneira Tajes ou o tenente alcalde de Vimianzo Fernando Mancebo. Elo a maiores dunha nutrida representación do equipo de goberno municipal. Por parte do PP, imbuidos de cabeza nunha descarnada e brutal guerra civil sucesoria á que non se lle ve fin, ninguén. Nin do sector oficial, nin de ningún dos seus numerosos comités locais: nin no do autodenominado do PP nin do outro, o do Club Náutico.

Engadir un comentario