- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Decembro 2007 22 Decembro 2007
O veciño e gran amigo de camarinas.eu Alfonso Martínez Blanco foi agraciado esta mañá co gordo de Navidad tocándolle 50 millóns das antigas pesetas, 300.000 euros. Atopámolo enpapado de champán cos seus amigos celebrando o premio polas rúas de Camariñas e buscando un restaurante para celebrar hoxe unha cea especial. Tamén hai rumores de que hai máis agraciados polo gordo en Camariñas. Estaremos atentos para verificalo.
Alfonso, de 25 anos e que actualmente traballa nunha empresa adicada ao montaxe de parques eólicos (Eólicas Vestas Sao) por toda España, comentounos que levaba toda a semana rezando para que lle tocara a lotería, "polo menos un pellizquiño" e, cousas da vida, a pesar de que él mercou varios números, foille a tocar o gordo no boleto que un amigo de Santiago lle regalara. Non pensa deixar de traballar, pero eso si, pagará o que lle queda das letras do seu coche e pensa comprar un pisiño en Camariñas para poder vivir tranquilamente e sen preturas económicas. Esta redacción está especialmente emocionada de que en Camariñas caera esta pequena chuvia de millóns nun ano nefasto para a economía de Camariñas debido ao tema das licencias de pesca. Norabóa Alfonso!!
Comentarios
Eu tamén montei algún parque eólico (adícome as grúas de gran tonelaxe) pero a lotería non me tocou, jejeje.
alegrome moito por ti
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.