1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Á venta un dos locais míticos da noite da Costa da MorteUn dos locais míticos da movida da Costa da Morte, o Goma de Camelle, sae á venta. Emblemático pub polo que pasaron unhas cantas xeracións desta Franxa Atlántica, inesperado afterhours do que foron rescatados por un emblemático barman camariñán a mui altas horas dun sábado de festa perdido a comenzos da década dos 90 os redactores que o presente subscriben, sempre haberá un resquicio na memoria colectiva para este local hosteleiro onde tan bos momentos pasamos prácticamente a maioría dos que asomamos pola presente crónica.

Situado na Rúa Principal de Camelle, en pleno centro urbán da vila máis norteña do concello, ponse a venta un baixo lexendario que pode ser destinado tanto a local comercial como a vivenda. Os interesados en executar esta interesante e seguramente fructífera transacción comercial poderán chamar aos números 981 710 499 ou 616 80 64 04 e interesarse polas súas condicións. Sempre volcados na actualidade informativa da nosa capital septentrional non podía Camarinas.eu deixar de informar sobre unha operación mercantil que afecte aos destinos ulteriores dun dos locais nos que se conformou en tempos a idiosincrasia nocturna característica dos redactores do que estaba chamado a ser o xigante xornalístico da Costa Atlántica. O de descubrir plaxiadores, eso fui despois.

Interior do Joma, un local amplio cun nome recoñecido en toda esta Franxa Atlántica

Engadir un comentario