- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Novembro 2012 22 Novembro 2012
Houbo un tempo aquí en Camarinas.eu no que case chegamos a contar cunha sección propia adicada á obra publica. Unha constelación de inversións de todo tipo financiadas polas diversas administracións sucedíanse sen descanso ao longo do concello e saciaban a alma de xubilados prematuros dos redactores do xigante cibernético da Costa Atlántica. Agora, aqueles tempos son tan só un recordo: romperán en mil cachos ata as carreteras e non haberá un peso para arranxalas. Desplomaranse (as que non se derrumbaron xa) cataratas de empresas de obra pública nun mercado ermo e desolado tralos dispendios das épocas do despilfarro (léase, entre outros, o Plan E). A principal fonte de clientelismos (léase financiación) dos partidos políticos esvaecerase por un tempo que todo presaxia que será máis ou menos prolongado.
Por elo, o pouco que surxe nesta terra núa de excavadoras, palas e operarios hai que aproveitalo e positivar rápidamente aquelas migaxas que se pode un botar ás fauces xornalísticas. Aínda que non sexa unha obra propiamente dita senón unha reposición do mobiliario existente ou unha renovación das redes de servizos públicos en funcionamento. Así, estes días podemos ver na Rotonda do Campo, en pleno Paseo Marítimo camariñán, á famosa e ubicua Patrulla Municipal de Obras (PMO) acometendo a reparación da rede de pluviais da zona. É ben sabido que derivada da fatal conxunción de chuvias monzónicas con marea chea a rotonda do Campo convírtese nun remedo da tan famosa piscina municipal, elo ao decir dos expertos consultados por Camarinas.eu pola situación dos conductos de saída que ao quedar por debaixo do nivel das augas ca pleamar impiden a evacuación das pluviais cos fatais resultados por todos coñecidos.
Sabedores desta situación dende o Goberno Municipal puxéronse mans á obra para tratar de solucionar o problema e así un destacamento de operarios da PMO fixo o seu desembarco para arranxar dunha vez por todas a cuestión das inundacións que periodicamente anegan un dos principais enclaves camariñáns. Para elo intentarase canalizar unha parte importante do continxente pluvial cara outros desagues a través da instalación dunha serie de tuberías que alonguen o ciclo evacuativo das augas de chuvia. Neste intento, afanábanse os obreros do Servizo de Vías e Obras Muncipal ao longo desta semana. Esperemos que con satisfactorios resultados.











Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.