5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Un domingo 29 de abril de 2012 a vila de Camariñas ficaba conmocionada ao coñecer o tráxico falecemento repentino dun dos seus veciños máis queridos, Avelino Ángel Sar Barrientos e cinco meses despois, a súa esposa Marisa, ficaba novamente conmocionada ao recibir o 30 de setembro de 2012 unha factura da Lonxa da Coruña a nome do seu marido falecido. Superado o duro golpe emocional que supuxo semellante e inesperada sorpresa Marisa púxose raudamente en contacto ca rula da cidade herculina, onde cinco anos atrás ela e Avelino comerciaran como empresarios do peixe. Sen que se poida descartar o que constituiría un sinxelo erro administrativo, todo podería apuntar a un terceiro sen escrúpulos que endilgou a citada factura por un importe de 149 euros ao nome dunha persoa fatalmente falecida.

Coñecida a situación en datas recentes a Televisión de Galicia no seu magacine do mediodía facíase eco desta soprendente nova enviando unha unidad operativa ata a Panadería da Rúa do Río do Prado, onde esta coraxuda muller trata de sacar adiante un negocio nestes duros tempos de crises e quiebras ao mesmo tempo que fai frente con tesón e e entereza a un cancro. Desexando sinceiramente que todo se arranxe de inmediato e que un rosario de novas e maiores facturas non empecen a chegar ata este pequeno negocio camariñán,  que todo quedase nun lamentable malentendido, mostramos á nosa querida amiga Marisa a nosa solidaridade e na medida do posible a nosa axuda para o que sexa. ¡¡Ánimo e a seguir adiante, Marisa!!

Comentarios   

MBCA
+6 # RE: Facturas falsas cinco meses despoisMBCA 17/11/2012 14:28
Vaia por Dios,oque pode chejar a xente,hay moita xente que non ten escrupulos e fan todo por diñeiro...quedo me sen palabras.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+4 # RE: Facturas falsas cinco meses despoisdiegoalfr 17/11/2012 16:57
A verdade é que é increible. Marisa non estás soa. Para o que necesites aquí estamos teus amigos. Ánimo!
Responder | Denunciar ante o administrador