Marinero en Tierra

O patrón poeta non poderá gobernar a súa nave
O patrón poeta non poderá gobernar a súa nave

Recordando o libro de versos do gran poeta Rafael Alberti, tan querido e admirado polo noso Guerreiro Poeta, digno sucesor do mesmo cando colle na súa man dereita a pluma, Mikel durante unha semana terá que ser un mariñeiro en terra. Na foto podemos observar o estado no que se atopaba hoxe a embarcación de Mikel "Jema", despois de que onte ás once da noite e debido a un forte temporal que o sorprendeu no medio da ría e que deixou o pobo sen luz durante unha hora (cousas do cambio climático...según os entendidos, claro), estivera a punto de zozobrar e naufragar no medio da escuridade tenebrosa na que se convertira a súa querida e coñecida ría de Camariñas.

E aquí é onde queremos resaltar o carácter camariñán de unión, solidaridade, e altruísmo que é un dos motivos que impulsan a actividade diaria desta páxina. Así, tivo que ser un mariñeiro novo pero tamén experimentado, Javi de Nita, o que acudira raudo a evitar que Mikel naufragara. Despois xa en terra e tras evaluar os danos que sufría o motor e que farán que estea varado máis dunha semana co que eso supoñe nestas datas próximas ao nadal, vitais para a economía familiar dun humilde e valente mariñeiro, despois de todo isto decimos chegou a avalancha de solidariedade e agradecemento do pobo de Camariñas por todo o que Mikel fixo nestes últimos meses. Ata seis mariñeiros lle ofreceron a súa axuda, prestándolle todo o que sexa menester: o motor, a embarcación, os aparatos, todo para evitar que Mikel non deixara os seus aparellos no medio do mar. Carlos "O Rubio", Juan "O Caracol", Pepe Tibursio, pai de outra usuaria de camarinas.eu, Domingos de Paca irmán do noso querido usuario Machote, Jose "Rancho Junior", o Jordo (home de Alba e tamén usuario de camarinas.eu), etc... camarinas.eu desexa que aínda que Mikel non teña a pluma na man para escribir nesta web, teña, sobre todo, a man nos tramallos para levar o pan a súa casa.


Comentarios   

Bufardo
0 # Suerte poetaBufardo 19/12/2007 22:40
Retorcedme sobre el mar,

al sol, como si mi cuerpo

fuera el jirón de una vela.

Exprimid toda mi sangre.

Tended a secar mi vida

sobre las jarcias del muelle.

Seco, arrojadme a las aguas

con una piedra en el cuello

para que nunca más flote.

Le di mi sangre a los mares.

¡Barcos, navegad por ella!

Debajo estoy yo, tranquilo.

(suerte poeta)
Responder | Denunciar ante o administrador
zidan
0 # para miguel de zidanzidan 19/12/2007 23:01
miguel non sabiamos nada desexoche toda sorte do mundo eh animo carmiña
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
0 # ANIMOmerlin 19/12/2007 23:44
Mikel xa sabes po que faga falta non tes mais que chamar tanto a min coma a meus pais animo mikel
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 20/12/2007 00:39
migel non sabianada xa sabes aaguites atua prima
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 20/12/2007 10:47
Gracias a todos,,prima non pasou nada,,,na ria non hay temporal q tumbe a JEMA,,,si fora contra costa si,pero tuben sorte q me remolcaron pronto,o vento ven en falso pero xa o esperaba porque o vira en internet,,fallo ume o motor e salironme mal os cálculos de tempo,,son cousas do oficio,,non fui nada,o importante é contalo conto,,,gracias de corazón,o mesmo vos digo,,,,si necesitades algo de min non tedes máis q pedilo,,,Mikel
Responder | Denunciar ante o administrador
iván
0 # iván 20/12/2007 13:55
Jerreiro destes a batalla na terra ajora tela ke dar no mar,fai kaso a xente kere verche polo mar endianta kollendo necoras mas pulpos,non podes perder ste lanse,fai kaso a xente kereche ben
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 20/12/2007 14:17
mikel me alegro comarea ,que non che pasara nada .a nosa virxiña do carmen estaba mirando por ti .o material arreglase ,e xa vistes a xente como fui a ofreserche axuda .cuidateeeeeee
Responder | Denunciar ante o administrador