Roberto Martínez Cutrín, un xaviñán aficcionado ao parapente

Primeiro foi aquel programa de Televisión Española dos anos 80 chamado "España desde el aire", no que un helicóptero sobrevolaba as principais maravillas da España felipista daqueles días otorgándonos imaxes nunca antes vistas. Foi entón cando vimos posiblemente por primeira vez unha imaxe aérea do Cabo Vilán. Seguindo a estela iniciática daquela serie de culto, chegaron programas máis recentes, igualmente de TVE e rodados en tecnoloxía dixital, onde a patria crepuscular e arruinada da actualidade segue a ser peinada xornalísticamente de xeito intensivo otorgándonos novos e novos motivos para sentirnos orgullosos da mesma e para manter unha unión cunha orixe (segundo se mire) de 500 ou 2.000 anos. E xa no ámbito caseiro houbo tamén quen decidío reflexar dende as alturas celestiais as maravillas naturais e humanas que agocha a remota e olvidada Ría de Camariñas.

Foi este pionero da documentación visual en Camariñas un veciño xaviñán chamado Roberto Martínez Cutrín. Propietario da empresa de montaxes eléctricas a gran escala Insmontel Cutrín e consumado especialista ao vó en parapente con motor decidío plasmar nun vídeo de media hora os frutos das súas xiras aladas sobre o noso concello e a ría á que lle da nome. Paraxes percorridas miles de veces e visualizadas ata a extenuación reciben un novo punto de vista gracias ao empeño deste amante xaviñán das alturas. Así que cando no futuro vexamos unha multicolor ave alada da que emana un aceirado sonar motorístico voar sobre Reira, Monte Branco, Brañas Verdes ou calqueira outro dos nosos recunchos, saberemos que posiblemente outra reportaxe documental ande en marcha.

Engadir un comentario